Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Igualdade, Benestar Social e Participación. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Axudas Injuve para a Creación Nova 2024/2025

    Inscricións:

    Ata o 20/05/2024

    A Dirección Xeral do Instituto da Mocidade convoca as Axudas Injuve para a Creación Nova 2024/2025, destinadas a mozos creadores para proxectos a desenvolver durante o ano 2025 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, música, literatura, deseño, cómic e ilustración.

  • Técnico/a de xestión económica e intervención do Concello de Fene

    Inscricións:

    Ata o 29/04/2024

    Proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha vacante de técnico/a de xestión económica e intervención, polo sistema selectivo de oposición.

  • Lista de profesores e profesoras de música-pianista para a Deputación da Coruña

    Inscricións:

    Ata o 29/04/2024

    Proceso selectivo para elaborar unha lista de persoal temporal para posibles nomeamentos como persoal funcionario interino e/ou contratacións laborais temporais para postos de profesor e profesora de música-pianista (grupo A1).

  • Certame "Microrrelatos da Ría" da Lonxa Literaria de Moaña

    Inscricións:

    Ata o 19/05/2024

    A Asociación Cultural Lonxa Literaria, en colaboración co Concello de Moaña, convoca o certame de relato curto "Microrrelatos da Ría"

  • A táctica do colibrí

    Cando:

    Dende o 25/04/2024 ata o 13/10/2024

    A Fundación Luis Seoane acolle a exposición "A táctica do colibrí" ,a cal afonda na relación entre activismo educativo e dereitos humanos a través de iniciativas como A Escola Libre de Cerámica de Sargadelos, a Escola Experimental de Arte de Deba en Guipúzcoa e outras propostas semellantes.

  • Xornada "Desinformación e Fake News: Unha Ameaza para a Democracia?"

    Cando:

    10/05/2024

    Inscricións:

    Ata o 09/05/2024

    A Facultade de Dereito da Universidade da Coruña organiza en maio a xornada "Desinformación e Fake News: Unha Ameaza para a Democracia?"

Convocatorias

RRSS Información Xuvenil

@MocidadeCoruna en X

@MocidadeCoruna en Facebook

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión