Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

II Ciclo de charlas: Quero emprego!

quero emprego! é o segundo ciclo de charlas de profesionais do ámbito dos recursos humanos e a comunicación. A Biblioteca Municipal Ágora ofrece servizos de información orientados ás persoas que están a buscar emprego, aos emprendedores e ás persoas novas que necesitan orientación profesional. O obxectivo é ofrecer recursos e ferramentas que lles axuden a enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo.

O ciclo consta de 5 sesións, que constitúen unha referencia básica para axudar na busca de traballo: afrontar con maior posibilidade de éxito unha entrevista de traballo e evitar os erros máis habituais, escoller o mellor modelo de currículo, a nosa imaxe en internet e nas redes sociais, comprender cal é o punto  de vista das empresas nos procesos de selección... En resumo, aumentar as nosas posibilidades de atopar un emprego ou de mellorar profesionalmente.

As charlas terán lugar os xoves a partir do día 12 de novembro e ata o 10 de decembro de 19:00 a 20:30 horas. A última delas, será o luns 14 de decembro á mesma hora.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión