Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Un Centro de Planificación Familiar é un lugar onde podes obter información sobre todo o relacionado coa sexualidade, os anticonceptivos, o aborto, as enfermidades de transmisión sexual...

Están abertos a todas as persoas independentemente do seu sexo, idade, estado civil, orientación sexual...

Pero ten en conta tamén que, ademais dos Centros de Planificación Familiar, cada vez son máis os centros e profesionais de atención primaria que atenden sobre estas cuestións.

Centro de Orientación Familiar

R/ Tui, 19. 15002 - A Coruña

Tlf.: 981 184 205

Horario de atención

  • Luns, martes, mércores e venres de 9.00 a 14.00 horas
  • Xoves de 11.30 a 14.00 horas

Obxectivos do centro:

  • Promover a saúde afectivo-sexual mediante a educación, nun clima de liberdade, respecto e aceptación das opcións afectivo-sexuais de cada persoa, que permita gozar libremente da sexualidade e da afectividade.
  • Defender os dereitos sexuais e reprodutivos, porque son dereitos básicos das persoas.
  • Ofrecer un servizo de calidade, onde as persoas poidan acudir a pedir información ou axuda de calquera tipo, para mellorar a súa sexualidade e afectividade, para a prevención dos embarazos non desexados e das infeccións de transmisión sexual, para a interrupción voluntaria do embarazo...

Motivos de consulta

  • Anticoncepción
  • Anticoncepción de urxencia
  • Interrupción Voluntaria do Embarazo e revisión posterior
  • Atención psicolóxica á problemática sexual e de parella

Poboación que atenden

Concello da Coruña

  • Todas as persoas que residan neste concello

Concellos de Cambre, Carral, Oleiros e Sada

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde en calquera destes catro concellos.

Outros concellos da área sanitaria da Coruña

  • Todas as persoas que teñan o seu centro de saúde neses concellos serán atendidas no Centro de Planificación Familiar do Centro de Especialidades do Ventorrillo (teléfono 981 142 800).
  • Cando necesiten atención xinecolóxica serán derivadas a este centro, xa que o SERGAS mantén o Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo sen especialista en xinecoloxía desde xaneiro do ano 2013.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión