Concello da Coruña

Concello da Coruña

Palacio de Capitanía Xeral

Enderezo:

Praza de la Constitución s/n. 15001 A Coruña

Teléfono:

981 215 503

679 167 584

Servizos:

Visita guiada, Substitución solemne da garda. Concertos de música militar

Horario:

SUBSTITUCIÓN SOLEMNE DA GARDA E VISITA GUIADA

Inverno (setembro a xuño, excepto decembro): último venres de cada mes ás 11:00 h. Substitución solemne da Garda e posteriormente, visita guiada.

Inverno (decembro): non se realiza

CONCERTO

Inverno (setembro a xuño, excepto decembro): último xoves de cada mes ás 19:00 h

Inverno (decembro): non se realiza

Verán (xullo e agosto): non se realiza

O primeiro Palacio de Capitanía levántase alá polo século XVI no mesmo terreo onde está situado o actual. O paso do tempo deteriora de tal forma o vello edificio de sollados de madeira que o século XVIII ve como acaba definitivamente a súa vida útil.

En 1748, pola Real Orde de Fernando VI reedifícase no mesmo soar un novo edificio, que deberá contar con reloxo, cisterna, cuartos para a vivenda do capitán xeneral e as dependencias do tribunal da Audiencia. Para financiar as obras, acordouse crear un imposto dun maravedí por cada azume de viño que se cultivase en Galicia.

No proxecto inicial, do enxeñeiro militar D. Juan de Vergel, formúlase un edificio de tres plantas, rectangular e cun patio interior. O 6 de novembro de 1748 colócase a primeira pedra do edificio. Vergel falece en 1750 e substituiuno D. Francisco Llovet, que dirixe as obras ata a súa conclusión, e introduce importantes cambios ata o punto que se cre que só respecta as dimensións da planta e do patio interior. A construción do edificio, que conta con dúas entradas para diferenciar claramente as dependencias da Real Audiencia das da Capitanía Xeral, ten unha duración de catro anos, dous máis dos previstos.

As sucesivas intervencións ata o mesmo século XX só afectarán á distribución interior, a cisterna, as canalizacións de pluviais e as naves abovedadas do soto do edificio para arquivo.

En 1910, a planta alta destínase a zonas nobres e vivenda do Capitán xeneral, no lateral esquerdo do edificio constrúense as cortes que se transformarán progresivamente en garaxes e o arquivo, nos sotos do edificio, reconvértese en dormitorios.

Finalmente, en 1996, realízase a última reforma de importancia que lle afecta tanto ao Palacio como á praza da Constitución.

Documentos:

Tríptico Palacio Capitanía Xeral (766 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión