Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cabalgata de Reis 2015

AS SÚAS MAXESTADES MELCHOR, GASPAR E BALTASAR CHEGAN Á CORUÑA!!!

Cando:

05/01/2015

Xa rematou

Organiza:

IMCE

Documentos:

Normas Cabalgata en castelán (36 KB)

Normas Cabalgata en galego (37 KB)

Ás 17.30 h estamos todos convidados a recibilos como se merecen no campo de fútbol Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma), para, a continuación, acompañalos ás súas carrozas e, ás 18.00 h, dar o pistoletazo de saída á Cabalgata dos contos, con 13 carrozas, 8 trens, compañías de animación, charangas, máis de 1000 figurantes, toneladas de caramelos, confetti, serpentinas e... agasallos!!!

 

PERCORRIDO

- R/ Salvador de Madariaga

- R/ Alcalde Pérez Ardá

- R/ Santiago Rey Fdez. Latorre

- Praza de Catro Camiños

- Costa da Palloza

- Avda. Primo de Rivera (sentido contrario da circulación)

- Avda. Linares Rivas (sentido contrario da circulación)

- R/ Sánchez Bregua (sentido contrario da circulación)

- Cantón Pequeno (sentido contrario da circulación)

- Cantón Grande (sentido contrario da circulación)

- Avda. da Marina (sentido contrario da circulación)

- Avda. de Montoto (sentido contrario da circulación)

- Rotonda de Porta Real (sentido contrario da circulación)

- R/ María Barbeito

- Praza de María Pita

 

A cabalgata acompañarase dos espectáculos de animación Les Luminóeles, Les Gnomikys, Les Ombres Blanches, The Mirror Family, Les Minúscules e Manicómicos, coas charangas Compostelana, DXT e Dixie Boys, que este ano, como novidade, achegarán a cabalgata aos barrios de Matogrande, Monelos, Barrio das Flores e Elviña.

Les Luminóeles sorprenderanos cunhas estruturas de grande envergadura, iluminadas, que percorrerán o ceo coruñés; Les Gnomikys, con 8 artistas e 6 músicos, farán as delicias dos máis pequenos con números sorprendentes durante todo o percorrido; Les Ombres Blanches presentaranos a 8 artistas cun vestiario impecable no que o branco e a luz son protagonistas; The Mirror Family é unha compañía que non deixará indiferente a ninguén, con personaxes futuristas que levan os seus corpos totalmente cubertos con espellos; Les Minúscules, con 11 seres alados que con estruturas sorprendentes deixarán a máis dun coa boca aberta; e Manicómicos, con 48 artistas que recrearán distintos contos acompañados coa música da Charanga Compostelana, os Dixie Boys e a Charanga DXT que poñerán o toque musica", como é tradicional, cerrará o desfile a carroza dos Bombeiros da Coruña que encherán as nosas rúas e acompañarannos ata a praza de María Pita para o tradicional saúdo dende o balcón do Palacio Municipal dos Reis Magos a todos os coruñeses a partir das 21.00 horas.

Repartiranse 8 toneladas de caramelos, máis de 1.200 bolsas de confetis e serpentinas e 1.200 globos de led.

Dende a web http://www.cabalgatasmartcoruna.es poderase seguir en directo o percorrido da cabalgata, percorrido das carrozas en tempo real.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión