Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2016

A "Casa dos Xoguetes" a través da OMIC achegará xoguetes a toda a veciñanza

Co lema: ”Un agasallo, un sorriso, a Concelllería de Emprego e Economía Social, a través da OMIC, comenzará dende hoxe unha campaña para fomentar o consumo responsable, a recuperación, a reutilización de obxectos, e contribuir á solidaridade de xeito que ninguén quede sen xoguetes este Nadal.

Do 28 de novembro ao 3 de decembro estará habilitado un local na Av. Pedro Barrié de la Maza, 33 Entr. A), para poder ir depositando os xoguetes. Pódense levar xoguetes novos ou usados, sempre e cando estean en bo estado, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00h.

A partir do 5 de decembro abrirá as portas "A Casa dos Xoguetes", na praza de María Pita, dende esta data e ata o 3 de xaneiro do próximo ano, as persoas que se acheguen poderán tanto depositar como levar os xoguetes que máis lles gusten, nos seguintes horarios:

  • De luns a venres, con carácter xeral, de 17:00 a 20:00 horas
  • Sábados e domingos, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
  • Horarios especiais:
    • Día 24 de decembro (de 12 a 14, e de 17 a 19 horas),
    • Día 25 de decembro (de 17 a 20 horas)
    • Día 31 de decembro (de 12 a 14, e de 17 a 19 horas)
    • Día 1 de xaneiro (de 17 a 20 horas)

Teléfono información 881 962 182

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión