20 de outubro de 2016
A participación supera os 6000 estudantes de todos os ciclos formativos
Un total de 6.469 escolares coruñeses participarán este curso académico 2016-2017 no programa Educación para o Consumo ofertado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pertencente á Área de Emprego e Economía Social que dirixe Alberto Lema, a través do programa Municipal Coruña Educa 2016/2017.
Son 31 os centros educativos que participarán este ano no programa de Educación para o Consumo e realizarán 278 actividades dirixidas a alumnos de todas as idades e niveis educativos.
Como en cada edición, a OMIC realiza a programación das actividades para lles ensinar ás persoas consumidoras que forman parte da comunidade escolar hábitos responsables ante as relacións de consumo.
Para este ano, o servizo realizou unha oferta que recolle novas actividades tendo en conta as novas realidades de consumo e potenciando aquelas máis demandadas pola comunidade escolar.
Os talleres foron deseñados conforme aos contidos das distintas etapas educativas; así, os responsables docentes e o persoal de orientación do centro puideron escoller aqueles que mellor se adaptan ao desenvolvemento curricular de cada ciclo, coordinando coa OMIC as datas e os horarios máis idóneos.
O bloque temático "Consumo actual e novas tecnoloxías" con 71 solicitudes foi o que máis inscricións de talleres recibiu aínda que tamén seguindo de cerca a área de alimentación e consumo que rexistrou 68 solicitudes.
Os talleres impártense en todos os niveis educativos (Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos), cunha duración aproximada dunha hora e desenvólvense nas aulas e nas instalacións da OMIC.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible