Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2013

Gañadores do Concurso de Debuxo e Pintura do Día Internacional dos Dereitos das persoas consumidoras

Os seus traballos, xunto co resto dos presentados ao concurso, poderán verse expostos nos mercados que participaron na actividade.

Por mor da visita de 75 escolares coruñeses a tres mercados da cidade con motivo do Día do Consumidor, o pasado día 15 de marzo realizouse un concurso de debuxo e fotografía do que xa temos gañadores. Trátase de:

  • Antía López Rodríguez (categoría de debuxo)

  • Alejandro Antelo Barral (categoría de fotografía)

Ambos os alumnos son do colexio Wenceslao Fernández Flórez, concretamente de 6º de Primaria.

Os seus traballos, xunto co resto dos presentados ao concurso, poderán verse expostos nos mercados de San Agustín, Praza de Lugo e Elviña.

Tamén se poden ver os debuxos no apartado "Escola do Consumidor" Escaparate educativo da web da OMIC.

O obxectivo da actividade, e así o plasmaron nos seus debuxos e fotografías os escolares, era aprender hábitos de consumo, vinculados ademais a comercios da súa contorna próxima, e baseados en comprender a información das etiquetaxes, saber preguntar e comparar e coñecer os dereitos das persoas consumidoras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión