-APARELLO XENITAL MASCULINO
A adolescencia, que comprende aproximadamente dos 12 aos 19 anos, é, por definición, unha etapa de transición que trae consigo tremendos cambios corporais: desenvolvemento dos peitos e primeira regra nas mozas, os grans e o pelo corporal en mozas e mozos, as primeiras exaculacións nos mozos... E moito máis! As hormonas, unhas sustancias químicas producidas no cerebro e nos órganos sexuais están detrás de todos eses cambios físicos. Evidentemente, eses cambios afectan ao teu modo de sentirte e relacionarte, co teu propio corpo e cos demais.
Pero o desenvolvemento físico é só unha parte deste proceso que é a adolescencia; o cambio tamén afecta á forma de ser, aos intereses, ao modo de relacionarse cos demais etc. Nesta etapa, á vez que se produce o desenvolvemento físico, madúrase intelectual e emocionalmente. Isto xera unha sensación de liberdade e de ganas de vivir novas experiencias, aínda que tamén pode ser un período un tanto axitado.
A idade á que se inician estes cambios, físicos e psíquicos, é moi variable, e depende de diversos factores (herdanza, alimentación, clima, educación...).Dentro dos cambios que trae a adolescencia está a maduración dos órganos sexuais e do proceso hormonal. Por iso, os procesos e as respostas sexuais adquiren un novo significado, e xorden moitas dúbidas e inquietudes sobre o propio corpo e as súas reaccións. Posiblemente, estes cambios dean pé a moitas conversas cos teus colegas. Pero talvez non te paraches a ver, a ser consciente deses cambios e pensar sobre eles. Talvez non te paraches a mirar, a sentir o teu corpo, a coñecelo. A continuación axudarémosche un pouco, pero non esquezas que é fundamental que TI prestes atención ao teu propio corpo.
Os BEIZOS MAIORES: a non ser que se abran as pernas, os beizos maiores están xuntos para protexer os xenitais. Teñen tamaños e formas distintas en cada muller. Na puberdade cóbrense de pelo.
Os BEIZOS MENORES: son máis finos cós beizos maiores e non están cubertos de pelo. Varían moito de cor, tamaño e forma. Os beizos menores están unidos por arriba, cobren o clítoris e son moi sensibles.
CLÍTORIS: é a zona máis sensible dos xenitais femininos porque está repleto de terminais nerviosos. Consta de cabeza (o glande) e corpo. Só a cabeza é visible. Está feito dun tecido que se incha durante a excitación sexual. O clítoris é o único órgano do corpo que serve só para o pracer sexual, e adoita ser necesario estimulalo para chegar ao orgasmo.
ABERTURA VAXINAL: é a abertura da vaxina, e adoita estar, en parte, cerrada polo hime.
HIME: é un anaco de mucosa elástica fina que tapa en parte a abertura vaxinal. O hime pode ter diferentes formas, tamaños e grosores e, aínda que case todas as mozas nacen con el, é fácil que rompa coas actividades cotiás. O hime tamén pode romper durante a penetración. Así que se cadra telo ou se cadra non.
MEATO URINARIO: situado entre o clítoris e a abertura vaxinal. É a desembocadura externa do aparello urinario.
O terzo externo da vaxina ten maior sensibilidade que os outros dous terzos inernos, e na súa cara anterior algunhas mulleres localizan unha área aínda máis sensible coñecida como punto G.
COLO UTERINO OU CÉRVIX: é a parte inferior do útero. Comunica a cavidade uterina coa vaxina a través dunha canle moi estreita, salvo durante o parto, cando se ensancha o suficiente para que o bebé poida pasar. Tamén impide que un obxecto grande, como un dedo, un tampón ou un pene, penetre no útero. Polo colo do útero sae o sangue menstrual e entra o esperma.
CORPO DO ÚTERO: o útero, ou matriz, ten a forma e o tamaño dunha pequena pera invertida, menos cando a muller está embarazada. As grosas paredes musculares do útero son moi elásticas e permiten que se faga moito maior para acomodar o feto. O revestimento da cavidade uterina, chamado endometrio, permite a anidación do óvulo fecundado e o inicio e desenvolvemento do embarazo. Se non se produce un embarazo, esta mucosa renóvase cada ciclo: a súa expulsión dá lugar á regra ou menstruación.
Tronco: a parte inferior do pene.
Suco do glande: o anel de tecido entre o tronco e a cabeza.
Glande: a cabeza ou o "capullo".
Frenillo: está debaixo do glande, e suxeita o prepucio, é dicir, a pel que cobre o glande se non hai circuncisión.
O prepucio é a pel que cobre a cabeza do pene. Cando se produce a erección deixa o glande ao descuberto. Hai casos nos que a abertura final do prepucio non permite a saída do glande: trátase da fimose e opérase facilmente.
Polo interior do pene discorre a uretra, conduto polo que pasan tanto os ouriños coma o seme. A erección permite a introdución do pene na vaxina e que o seme se deposite no seu fondo. No seu interior o pene é similar a unha esponxa, de forma que cando se produce a excitación sexual, a "esponxa" énchese de sangue, producindo a erección.
O suco, o glande e o frenillo están cheos de terminacións nerviosas e son as zonas máis sensibles do pene.
A pel que recobre o pene é bastante flexible para adaptarse ao tamaño do pene erecto.
O SEME ou esperma é o líquido viscoso e branco, expulsado mediante a exaculación. No seme hai:
- Espermatozoides, 20% do volume total; media de 100 millóns/ml.
- Líquido seminal, 60% do volume.
- Líquido prostático, 20% do volume.
O aparello xenital feminino non é tan "evidente" como o dos mozos, polo que custa máis coñecelo. Ademais, tradicionalmente educouse ás mozas no pudor, polo que pode dar algo de corte mirarse ao espello para intentar coñecerse ben.
No crecemento das mozas chega un momento en que o corpo cambia moi rápido. Os cambios principais son os seguintes:
- Aumento de estatura e peso.
- Fórmanse os peitos.
- As cadeiras redondéanse e a cintura estréitase.
- Aparece o pelo no pube e nas axilas.
- A pel faise máis graxa e pode aparecer acne.
A regra, ou menstruación, é a saída dun fluxo sanguinolento pola vaxina. Concretamente, é o desprendemento do endometrio, que é a mucosa que recobre a cavidade uterina, co sangrado correspondente e cuxa cantidade é variable.
Todos estes cambios, non sempre son fáciles de levar: aparecen grans, o corpo redondéase -tranquila, non é que engordes e, se gañaches uns quilos, non ten por que ser definitivo- e durante un tempo ir mercar roupa pode constituír unha certa tortura: parece que todo che sente mal ou, cando menos, raro. Cando este proceso comeza, non hai máis remedio que ter paciencia e ir coñecendo e tomando agarimo ao propio "novo" corpo. Tranquilidade, unha dieta sa e exercicio físico axudaranche a modelar o teu corpo. E para coñecelo, non teñas medo nin vergoña e, mírao! As persoas pasamos moito tempo mirándonos ao espello e, con todo, non sempre nos atrevemos a usar un espello para coñecer mellor os nosos xenitais. E, á fin e ao cabo, é unha parte máis do corpo!
A medida que avanza a adolescencia, o corpo dos mozos empeza a cambiar:
- Crécese rapidamente e aumenta a corpulencia: é o "estirón".
- Márcase a noz, e cambia a voz.
- O corpo cóbrese de pelo, nas axilas, na zona da barba e o bigote, no pube, no peito, pernas e brazos.
- Os testículos e o pene aumentan de tamaño. A medida que se completan as súas funcións empeza a producirse o seme. Chega un momento no que no seme hai espermatozoides en cantidade e de calidade suficiente para que o mozo sexa fértil.
- Aumenta a frecuencia das ereccións e poden darse polucións nocturnas: exaculacións que se producen estando durmido. Todo isto é normal.
- A pel faise máis graxa, e pode aparecer a acne.
Como para as mozas, é importante que coñezades o voso corpo. Tedes a vantaxe de que os vosos xenitais externos están máis á vista. Cun exame do voso corpo non só saberedes mellor como sodes e como estades a cambiar, senón que tamén poderedes comprobar que todo vai ben. Ademais, desta forma poderedes comprobar que a vosa hixiene é correcta. O voso pediatra ou médico de familia pódevos axudar.
Isto é, máis ou menos o que pasa cada ciclo (normalmente entre 21 e 35 días):
O ciclo comeza o primeiro día de sangrado e remata a véspera da seguinte regra. A 1ª metade do ciclo vai dende o inicio da regra ata a ovulación e a súa duración é variable. A hipófise segrega as hormonas FSH e LH que maduran un folículo, producindo un óvulo que sae ao exterior do ovario (ovulación). Estas hormonas tamén estimulan a secreción das hormonas sexuais nos ovarios, que á súa vez, modifican o endometrio preparándoo para unha posible anidación, se o óvulo é fecundado nos días seguintes á ovulación.
Xa estamos na 2ª metade do ciclo e se non houbo embarazo, o óvulo desintégrase e prodúcese a menstruación.
A maioría das mulleres non nota cando ovula aínda que algunhas poden sentir molestias ou punzadas nestes días.
A menstruación pode durar entre 2 e 8 días e a cantidade é variable. Nalgunhas mulleres as regras ás veces son dolorosas (dismenorrea) e outras non teñen molestias.
Os días previos á menstruación poden notarse unha serie de cambios coñecidos como Síndrome Premenstrual: irritabilidade, ansiedade, sensibilidade, tensión mamaria, retención de líquido..., que do mesmo xeito que a dismenorrea poden necesitar tratamento.