Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Voluntariado

O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención de necesidades de interese xeral, mediante actividades realizadas de forma altruísta, desinteresada e solidaria.

Existen diferentes maneiras de participar, dende a colaboración directa con entidades sen ánimo de lucro ata intervir en programas de voluntariado articulados e elaborados para estas áreas de interese xeral polas entidades de acción voluntaria ou mesmo pola propia administración pública a través de organismos oficiais.

Calquera que sexa a modalidade que che interesa debes saber que a acción voluntaria está regulada por lei. Se queres saber, por exemplo, cales son os teus dereitos e obrigas como voluntario/a consulta aquí a lexislación vixente en materia de voluntariado.

Lei do voluntariado en España
Lei de acción voluntaria de Galicia

Áreas de actuación na acción voluntaria:

  • acción social e servizos sociais
  • natureza sociosanitaria
  • defensa dos dereitos humanos
  • infancia
  • protección civil
  • medio ambiente
  • educación
  • cultura
  • ocio e tempo libre
  • consumo
  • defensa dos dereitos humanos
  • defensa dos dereitos lingüísticos
  • desenvolvemento da vida asociativa
  • fomento do uso das novas tecnoloxías
  • protección de persoas consumidoras e usuarias
  • defensa do patrimonio cultural
  • cooperación ao desenvolvemento
  • xuventude
  • cooperación internacional
  • de defensa da economía ou da investigación
  • calquera que axustándose ao disposto na lei, poidan contribuír á consecución dos principios da acción voluntaria