Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Cómic

Tanto na Coruña coma no resto de Galiza, a afección polo cómic é moi importante. Existen colectivos organizados de autores que tratan de unir esforzos para así proxectar as súas propostas, e ademais convócanse importantes eventos ao longo do ano que expoñen tanto diversas tendencias artísticas como un importante despregamento de novidades editoriais. A continuación facilitámosche dous enlaces para poder coñecer con detalle tanto a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración como os autores do colectivo Polaqia, unha das iniciativas máis interesantes do país en canto á difusión de novas propostas por parte dalgúns dos autores máis importantes de Galiza na actualidade.

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración -AGPI-

Polaqia 

 

Na Coruña, todos os anos durante o mes de agosto, Viñetas desde o Atlántico reúne obras tanto do panorama nacional como internacional, ademais de mesas redondas con autores, exposicións, ou postos de venda de cómics.

En Ourense realízase cada ano a que se coñece como Festa galega do cómic. As Xornadas de Banda Deseñada aglutinan encontros con autores, concursos, exposicións e actividades nas que a ilustración do país é a protagonista.

A nivel institucional, o soportal Banda Deseñada editado polo Consello da Cultura Galega é unha fonte de información básica para coñecer todas as novidades relativas a esta disciplina artística, así como unha importante base de datos de autores e mesmo unha bedeteca que che permite ler cómics en liña.

As Bibliotecas Municipais da Coruña son depositarias dun dos fondos bibliográficos de cómic máis importante do estado, ademais, manteñen un blog actualizado con reseñas sobre referencias bibliográficas que, con case total probabilidade, estará á túa disposición na propia biblioteca.