Saltar ao contido

Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Nex (A Coruña) - Novo Espazo Xuvenil

Fotografía da exposición Narracións Visuais

Plataforma14: Cesión dunha sala de exposicións a creadores emerxentes

Data:
Prazo de solicitude aberto durante todo o ano
Resumo:
Necesitas unha sala de exposicións para dar a coñecer o teu proxecto artístico?. O CMIX puxo en marcha no FórumMetropolitano a sala Plataforma14, co fin de potenciar e visibilizar o traballo da xuventude creadora da nosa cidade.
Imaxe coas palabras inmersión lingüística mergulladas en auga con burbullas.

Axudas para cursos de inmersión en lingua inglesa da UIMP

Data:
Dende o 30/01/2015 ata o 21/02/2015
Resumo:
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca ata 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, para mozos menores de 30 anos que fosen bolseiros do Ministerio nos cursos 2012-2013 e 2013-2014.
Cartel co logo de nocturnia.

Nocturnia 2015: protagoniza a nova campaña!

Data:
07/02/2015 Prazo de inscrición ata o 02/02/2015
Resumo:
Queremos que a nova campaña sexa parte da participación dos mozos e mozas que acuden a cada actividade e por iso queremos contar contigo!
Portada de folleto co texto Erasmus+ mocidade en acción.

Axudas para actividades no marco do capítulo Mocidade do Programa Erasmus+

Data:
diferente prazo segundo data do proxecto
Resumo:
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a través do Instituto da Mocidade, convoca as axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de MOCIDADE do Programa de acción comunitario ERASMUS+.
logo do plan de vivenda 2013-2016

Programa de axuda no alugamento de vivendas

Data:
Dende o 20/01/2015 ata o 19/02/2015
Resumo:
O IGVS convoca, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para alugamento de vivenda.
Dúas imaxes: un puzzle sen completar e as pezas do mesmo.

Estadías emprendedoras para a mocidade

Data:
inscricións ata o luns 9 de febreiro de 2015 ás 14:00 horas.
Resumo:
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha un programa que promove e estimula o emprendemento. Con este programa, dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, os participantes poden expandir a súa creatividade e innovación, mediante estadías emprendedoras de tres días no albergue xuvenil Lug2.
Fotografía dunha moza e un mozo e o nº 25 superposto.

Acceso á universidade maiores de 25 anos

Data:
Dende o 07/03/2015 ata o 14/03/2015
Data de inscrición:
Dende o 19/01/2015 ata o 12/02/2015
Resumo:
A CIUG convoca as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Imaxe da palabra

Axudas para estudos universitarios de segundo e posteriores cursos nas universidades do SUG

Data:
Dende o 10/01/2015 ata o 16/02/2015
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas destinadas a financiar os gastos de matrícula dos alumnos e alumnas de segundo e posteriores cursos matriculados en estudos universitarios oficiais nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.
home con casco, gafas de seguridade e mono de traballo, acarretando tubos metálicos. Escrito:

Proceso de acreditación de competencias profesionais

Data:
Dende o 08/01/2015 ata o 06/02/2015
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (e/ou aprendizaxes non formais) en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais
Imaxe dunhas literas e a frase

Uso de instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada

Data:
Dende o 17/12/2014 ata o 16/02/2015
Resumo:
A Consellería de Traballo e Benestar convoca unha oferta de uso dalgunhas das súas instalacións xuvenís para a súa dinamización, en réxime de oferta concertada, fóra do período da campaña de verán.