Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

27/09/2008

I Travesía de Natación Longa Distancia Ferrol - Ares (Praia de Chanteiro a R.C.Náutico da Coruña)

Los datos del evento

Organizada polo Concello da Coruña, coa colaboración do Real Clube Náutico da Coruña, a Federación Galega de Natación e o Clube Natación Coruña e dirixido a maiores de 18 anos cumpridos o día da inscrición

BASES:

Solicitude de inscrición previa

Enviar o resultado do test por email a: deportes@coruna.es

1. Perfil da Travesía:

  • Proba: Travesía a nado de longa duración.
  • Distancia: 7.6 millas (14 quilómetros)
  • Parciais:
    •  
      • Praia de Chanteiro a Ponta Coitelada (0,6 millas)
      • Ponta Coitelada a Seixo Branco (3,2 millas)
      • Seixo Branco a Ponta de Mera (0,8 millas)
      • Ponta de Mera a Baixos de Guisanda (1,3 millas)
      • Baixos de Guisanda a Real Clube Náutico (1,4 millas)
  • Día: Sábado 27 de setembro de 2008
  • Saida: Praia de Chanteiro.
  • Percorrido: Faros de Mera, Guisanda.
  • Chegada: Real Clube Náutico da Coruña.

2. Organización da proba:

Dirixido a maiores de 18 anos cumpridos o día da inscrición

O desprazamento ao inicio da proba levarase a cabo a través de autobús que pón a organización a disposición dos nadadores até a praia de Chanteiro, lugar da saída.

Os nadadores poderán cambiarse na praia e poñerán as pertenzas en bolsas, facilitadas pola organización, que levarán o número de dorsal correspondente. Estas bolsas serán trasladadas ao Real Clube Náutico da Coruña, lugar de chegada da proba.

A proba realízase en augas abertas, polo que os nadadores deberán ir en grupos homoxéneos, rodeados por embarcacións de organización e seguridade. Até a boia da Guisanda nengún nadador poderá abandoar o grupo, pero a partir desta boia se pode deixar o grupo e ir e nadar até a meta.

Se un nadador se retrasa reiteradamente de forma que o grupo estea obrigado a agardar por él constantemente, este nadador será descualificado e obrigado a abandoar a proba, embarcándose nas neumáticas de apoio.

Polo contrario, se un nadador pode desprazarse a un maior ritmo e abandoar o grupo por diante, o nadador verase obrigado a agardar polo grupo até chegar á boia da Guisanda.

En ningún momento a organización permitirá que haxa un nadador só entre a praia de Chanteiro e a Guisanda.

Cando se permite vía libre aos nadadores para que abandoen o grupo dende a Guisanda, os nadadores deberán seguir as balizas e as indicacións facilitadas pola organización.

A organización e os seus voluntarios actuarán como xuíces reservándose a faculdade de obrigar a un nadador a abandoar a proba se este deixa o grupo cando non está permitido ou se por calquera razón, perceben que o participante corre perigo por indisposición ou causa física.

3. Embarcacións de apoio.

Cada grupo irá acompañado por neumáticas.

Haberá outras embarcacións de apoio para os apartados de seguridade, unha das embarcacións estará medicalizada e incluirá un equipo desfibrilador automático.

4. Avituallamento.

A organización facilitará o avituallamento, que consistirá en auga, bebidas isotónicas, plátanos e barras enerxéticas. A frecuencia de avituallamento realizaráse aproximadamente cada hora.

Os avituallamentos que estableza a organización para cada grupo serán obrigatorios, debéndose os grupos reagrupar totalmente. En ningún caso se pode subir ás embarcacións e as paradas non terán unha duración superior aos cinco minutos.

5. Selección dos grupos.

Para a formación de grupos de nivel similar, será necesario que cada nadador inscrito realice un test de maneira individual de tres mil metros en piscina de cincuenta metros de auga doce e sen traxe de neopreno, e facilite o resultado á organización antes do 11 de setembro de 2008, data límite. O test consiste en realizar o mellor tempo posible nos tres mil metros, non ao ritmo de travesía. O tempo haberá que especificalo en minutos e segundos.

A teor dos tempos dos nadadores inscritos a organización estabelecerá os grupos.

As saídas dos diferentes grupos se farán separadas nos tempos que considere a organización.

Cada nadador levará un gorro coa cor do grupo e o dorsal individual.

6. Neopreno.

É obrigatorio o uso do neopreno pola frialdade da auga e a lonxitude da travesía.

7. Axenda.

  • Venres 26 de setembro:

19:00 horas: Benvida aos participantes no pañol do Real Clube Náutico da Coruña. Nese acto farase entrega das normas, mapa, gorro, bolsa para a gardarropía e detalles para os participantes así como se fará efectivo o pagamento da inscrición.

  • Sábado 27 de setembro:

07:30 horas: Saída da Coruña á praia de Chanteiro.

08:30 horas: Cambio de roupa e organización por grupos.

09:30 horas: Saída primeiro grupo.

12:30 a 14:00 horas: Tempo agardado de chegada.

14:30 horas: Comida participantes e entrega de premios.

8. Inscrición.

As datas de preinscrición serán do 1 ao 11 de setembro, publicándose a listaxe de adminitos o 15 de setembro.

O importe de inscrición será de 30 euros e inclúe:

  • Participación na proba.
  • Asistencia durante a proba.
  • Traslado á zona de saída.
  • Avituallamento durante e despois da proba
  • Detalles aos participantes de spónsores e colaboradores
  • Seguro de accidentes.

O pagamento farase efectivo o día 26 ás 19:00 horas no acto de benvida aos participantes no Real Clube Náutico da Coruña.

9. Imprevistos.

A organización resérvase o dereito de modificar horarios, lugar de balizamentos, etc. E incluso suspender a proba, todo isto en pro da seguridade.

10-Travesía alternativa.

Se as condicións climatolóxicas fosen adversas que obrigasen á organización a suspender esta travesía realizarase unha travesía alternativa:

  • Travesía praia de Santa Cristina a Real Clube Náutico da Coruña, pasando polas balizas de Santa Cruz e a Guisanda.
  • Distancia: 3,9 millas (7,2 quilómetros).

Los datos del evento

  • Fechas del evento: 27/09/2008

Corregir o completar la información de este evento.

Se puede encontrar en las siguientes categorías: