Aquarium Finisterrae - Casa dos Peixes
-
Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34, Bj. 15002 A Coruña
- 981 189 842 (recepción) - 981 217 682 (Restaurante Finisterrae)
- 981 189 843
- www.mc2coruna.org
- aquarium@casaciencias.org
Inverno (xaneiro a abril):
Luns a venres de 10.00 h a 18.00 h. Sábado, domingo e festivos de 11.00 h a 20.00 h (dende unha hora antes do peche, non se permite o acceso).
Cerra o 1 e o 6 de xaneiro.
Inverno - Semana Santa (2 ao 8 de abril):
Luns a domingo de 11.00 h a 20.00 h (dende unha hora antes do peche, non se permite o acceso).
Verán (xullo e agosto):
Luns a domingo de 10.00 h a 21.00 h (dende unha hora antes do peche, non se permite o acceso).
Primavera e outono (maio a xuño e setembro a decembro, respectivamente):
Luns a venres de 10.00 h a 19.00 h. Sábado, domingo e festivos de 11.00 h a 20.00 h (dende unha hora antes do peche, non se permite o acceso).
Pecha o 25 de decembro.
TARIFAS ANO 2012
TARIFA XERAL:
Entrada: 10 €.
TARIFA REDUCIDA:
Entrada: 4 €.
Beneficiarios:
- Menores de 14 anos (0-3 anos acceso gratuíto), titulares do carné xove e maiores de 65 anos.
- Público en xeral aqueloutros días que, en cada caso concreto, autorice a Xunta de Goberno Local.
- Grupos escolares de centros que non pertenzan ao municipio da Coruña, en visita previamente concertada.
COTA CERO:
Beneficiarios:
- Público en xeral os días das festas locais do municipio da Coruña (21 de febreiro e 9 de abril), o Día da Ciencia na Rúa (5 de maio), o Día dos Museos (18 de maio) e a Semana da Ciencia (12 ao 18 de novembro).
- Asistentes ás salas de audiovisuais en actividades extraordinarias.
- Persoas con discapacidade.
- Visitas patrocinadas polo Concello, despois da resolución previa que así o declare.
- Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas logo da presentación previa do seu carné.
- Responsables acompañantes de grupos educativos.
Notas para a aplicación da cota cero:
- Non inclúen aqueles eventos que se realicen temporalmente nos museos e conten con acceso controlado, independente e suxeito ao pagamento dun suplemento.
COTA ESPECIAL:
Entrada: gratuíta.
Beneficiarios:
- Grupos escolares que concerten a visita para os meses de xaneiro e febreiro ao Aquarium Finisterrae.
- Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
- Grupos educativos do municipio da Coruña en visita previamente concertada.
- Grupos escolares, con reserva previamente concertada, cando o responsable asista con anterioridade á xuntanza de preparación da visita.
Notas para a aplicación da cota especial:
- Non se aplicará a aqueles eventos que se realicen temporalmente nos museos e conten con acceso controlado, independente e suxeito ao pago dun suplemento.
- En todo caso a dispoñibilidade estará suxeita ao aforamento.
BONO E TARXETAS ANUAIS:
Bono Tres Casas: 12 euros.
Tarxeta Vente: 20 euros.
Tarxeta Vente Mini: 10 euros (para menores de 14 anos e maiores de 65).
Notas para a aplicación do Bono Tres Casas e das tarxetas especial Vente e Vente Mini:
- Bono Tres Casas: permite o acceso á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado dende a data de emisión (só un acceso por museo), para iso é necesario conservar o bono en perfecto estado.
- Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso á Casa das Ciencias, á Domus e ao Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado dende a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se utilicen.
- Bono e tarxetas: non se inclúen aqueles eventos que se realicen temporalmente nos museos e conten con acceso controlado, independente e suxeito ao pago dun suplemento.
BONIFICACIÓNS:
Bonificación do 10% aos grupos de máis de 20 persoas en visita previamente concertada e que satisfagan a taxa correspondente á entrada xeral.
PROGRAMA MERENDAS NO AQUARIUM (CURSO ESCOLAR 2012-2013)
Descrición: actividade dirixida a nenos, que se desenvolve durante o curso escolar, na que se combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros.
Requisitos: ter unha idade comprendida entre os 4 e os 13 anos.
Apertura do prazo de inscrición do primeiro trimestre: 1 de outubro.
Reserva de praza: 981 189 842 en horario de 08.30 h ata a hora de peche do Aquarium.
Horario de desenvolvemento da actividade: todos os sábados do curso escolar de 17.00 h a 19.00 h.
Data de desenvolvemento do programa: a partir do 20 de outubro.
Tarifa entrada: 4 € por neno e merenda (poderá invitar a un adulto que terá entrada gratuíta ao acuario).
Entrada gratuíta:
- Socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
- Portadores da Tarxeta Vente.
PROGRAMA AVENTURAS NO AQUARIUM 2012
Descrición: programa especial de actividades que inclúe experiencias como:
- Aventura coas focas: os asistentes a esta actividade coñecerán os segredos da dieta das focas, prepararanlles a comida e participarán na súa alimentación.
- Aventura cos peixes: unha experiencia para coñecer qué comen os peixes do Aquarium (tiburóns e outros peixes que viven en diferentes tanques), preparar a súa comida e participar na súa alimentación.
- Viaxe ao centro do Aquarium: unha visita guiada pola zona técnica, que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena.
Requisitos: ser maior de 10 anos (nenos e adultos).
Apertura do prazo de inscrición: 12 de marzo (incluído).
Reserva de praza: 981 189 842 en horario de 08.30 h ata a hora de peche do Aquarium.
Número de persoas por sesión: máximo 10.
Horario de desenvolvemento da actividade: sábados e domingos, excepto festivos, en horario de apertura do Aquarium.
Data de desenvolvemento do programa: 24 de marzo ao 24 de xuño (ambos incluídos).
Tarifa entrada: 4 € (ademais debe aboar a taxa da entrada ao Aquarium).
PROGRAMA DURMINDO CON TIBURÓNS
Descrición: actividade na que os nenos poderán alimentar eles mesmos aos tiburóns, durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus, asistir a proxeccións sobre tiburóns e realizar experimentos científicos relacionados coa súa bioloxía.
Requisitos: ter unha idade comprendida entre os 7 e os 11 anos (ambos incluídos).
Horario e data de desenvolvemento da actividade: dende as 20.00 h ata as 11.00 h do día seguinte.
- 25 de maio (venres).
- 26 de maio (sábado).
- 1 de xuño (venres).
- 8 de xuño (venres).
- 9 de xuño (sábado).
- 15 de xuño (venres).
- 16 de xuño (sábado).
Apertura do prazo de inscrición: 8 de maio (incluídos).
Reserva de praza: 981 189 842 en horario de 08.30 h a 14.30 h (o número máximo de reservas por chamada é de 3).
Prazo para a formalización da inscrición e abono da taxa: ata o 18 de maio (incluídos).
Documentación para a formalización da inscrición:
- Fotocopia de documento oficial que acredite a idade do menor (DNI, Pasaporte, Tarxeta Sanitaria, Libro de Familia, etc.)
- Formulario de responsabilidade civil (pódese recoller nas oficinas do Aquarium ou descargar dende a páxina web: www.mc2coruna.org).
- Aboamento da taxa establecida (en efectivo).
Número de nenos por sesión: máximo 20.
Taxa de inscrición:
- Xeral: 60 €.
- Reducida: 50 € (socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e titulares da Tarxeta Verde).
DATOS DE INTERESE:
- Foi inaugurado o 5 de xuño de 1999.
- O logotipo do acuario é obra do equipo de deseño Anatome, que elaborou o do Louvre.
- No exterior do museo hai un geyser de grande altura visible dende distintos puntos da cidade (Castrillón, Monte de San Pedro...)
- A empresa concesionaria da cantina é Pablo Gallego Lodeiro.
NORMATIVA:
Ordenanza Fiscal núm. 16, reguladora da taxa pola prestación dos servizos nos museos e outras instalacións culturais do Concello da Coruña.
Pódese atopar nas seguintes categorías: