Coliseum - Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).
Este emblemático edificio, situado no acceso principal da cidade e con deseño vangardista, acolle todo tipo de espectáculos musicais, eventos deportivos, de ocio, asembleas e feiras sectoriais, e é en temporada a Praza de Touros da cidade.
O Coliseum foi inaugurado o 19 de maio de 1991 e dende entón converteuse na sede dos grandes espectáculos que se realizan en Galicia, e pioneira en España como recinto de múltiples usos.
Datos de interese:
- Trátase dun edificio singular pioneiro en canto á súa concepción e polivalencia funcional. A súa base é circular, dispoñendo dunha altura máxima ao arco da cuberta de 32,50 m.
- Pista central (1.900 m2) para usos múltiples (cancha deportiva, praza de touros, auditorio para macroconcertos, salón de baile multitudinario, feiras de mostras).
- Capacidade para concertos: 11.000 persoas.
- Cabinas de ensaio para músicos locais.
- Na Praza de Ourense hai un punto de venda de entradas para espectáculos organizados polo propio IMCE e para o Festival Mozart.
- Contrata e xestiona os programas do Concello que teñan relación coas actividades culturais públicas de interese para a cidade, relacionadas co mundo do espectáculo e as festas.
- O IMCE xestiona todo o relacionado co uso do Coliseum, Teatro Rosalía, Centro Cívico do Parque Europa e Festas da Coruña.
Se os datos son incorrectos, fáganolo saber.
Pódese atopar nas seguintes categorías: