Visitas á biblioteca
As Bibliotecas Municipais da Coruña ofrecen a posibilidade de que grupos e colectivos diversos poidan visitar os nosos centros. Coa participación dos nosos bibliotecarios poderanse coñecer os recursos dispoñibles, aprender a localizar a información necesaria e descubrir os novos e variados servizos que as bibliotecas municipais prestan na actualidade. Para iso, só é necesario establecer un contacto previo coa biblioteca e concertar unha visita.