Consulta e renovación de préstamos propios
A consulta e renovación de préstamos só é posible a través dunha clave persoal de maneira que queda completamente resgardada a privacidade de cada un dos nosos usuarios. A información corresponde sempre a datos en vigor, xa que non se garda ningún tipo de información histórica sobre os movementos de cada usuario.
Dentro do catálogo público debe:
- Pulsar na icona lector que aparece na páxina de consulta do catálogo a través de Internet.
- Ábrese a ventá de identificación do/a usuario/a onde deberá introducir o número de lector e unha clave persoal.
- Unha vez validados estes datos, abrirase unha ventá coa información dos exemplares que teña prestados ou se ten algunha reserva. Tamén poderá saber se está suspendido e ata que día ten a sanción.