Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Mercados Coruñeses

  • Contacto
  • 981 184 278
  • 010 [ Información cidadá ]

Mércores, 19 de xuño de 2013

Mercados Municipais

Escolla outro mercado

Monte Alto

Entrada do mercado de Monte Alto

O mercado de Monte Alto foi construído nos anos 80 nun descampado de titularidade municipal neste barrio. As obras contaron cunha subvención da Xunta de 50 millóns de pesetas que posibilitou que no descampado se crease un edificio de dúas plantas e dúas plantas de aparcadoiro.

O mercado ademais dos tradicionais postos de peixes e carne, situados na primeira planta, e os de carne, ovos e froita, tamén incluía postos comerciais, na súa maioría na parte exterior do edificio.

Na actualidade estanse executando obras de reforma neste mercado, coa renovación as instalacións da primeira planta ocuparanas os postos tradicionais da praza de abastos, mentres que na planta baixa instalarase un supermercado. Todas estas obras terán un orzamento de 1,4 millóns de euros.