Domingo, 19 de maio de 2013
Situada no corazón da Agra do Orzán, a praza das Conchiñas abriu as súas portas a mediados da década dos setenta.
Constaba dunha superficie construída de 5.004 metros cadrados distribuída en tres plantas e o custo da súa construción ascendeu a un total de 30 millóns de pesetas.
No ano 2004 foi aprobada a reforma das institucións, co obxectivo de garantir as condicións de vendas, así como dotar os postos das comodidades e as tecnoloxías necesarias na actualidade.
Na remodelación prevista da praza as novas fachadas serán de lousa e de zinc, a cuberta tamén de zinc e instalarase un ascensor montacargas eléctrico para 16 persoas e 1.250 quilogramos de peso. A concesión de licenza de obra para a reforma recaeu na empresa Servicios Cerámicos S.L. O prazo de execución será de 12 meses e o orzamento, 1.972.552 euros.