Xoves, 20 de xuño de 2013
O mercado de abastos de Elviña inaugurouse a comezos da década dos 70, aínda que nun principio este edificio ía albergar un centro de congresos e exposicións. A antiga praza de Elviña, con capacidade para máis de 100 postos, despois de máis de 25 anos en funcionamento presentaba numerosas deficiencias, ademais de ter unha imaxe deteriorada e antiga. Os locais e postos de madeira sufrían humidades e non había ascensores para subir á segunda planta, o que dificultaba o acceso para as persoas maiores. Por isto, pensouse na súa demolición e a construción dun novo recinto máis moderno e cunhas condicións hixiénico-sanitarias máis completas.
En maio do 2006 o mercado de Elviña inaugurou a súa novas instalacións integradas nun centro comercial que supera os 8.000 metros cadrados de superficie e que inclúen un aparcadoiro subterráneo con capacidade para máis de 200 vehículos.
O novo mercado de Elviña está composto por 46 postos distribuídos nunha mesma planta de case 2.300 metros cadrados. O mercado conserva servizos como o de cafetería e barbería e conta con 16 establecementos dedicados á peixería, seis a carnicería, un posto de conxelados, cinco froiterías, tres panaderías, catro postos de venda de polo, un local de venda de queixos e oito locais comerciais.