Carnés
CARNÉ XOVE
Destinatarios: persoas de 12 a 30 anos (ambos incluídos)
Prezo: 6 euros
Requisitos:
- Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa de 6 euros en calquera banco ou caixa.
- Presentación no cmix, do impreso de solicitude debidamente cuberto.
- Presentar no CMIX, ademais do impreso de solicitude, o DNI da persoa titular, e o resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.
Vixencia: 2 anos a partir da data de expedición
Consulta descontos
CARNÉ INTERNACIONAL DE ESTUDANTE ISIC
Destinatarios: persoas maiores de 12 anos
Prezo: 9 euros
Requisitos:
- Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa de 6 euros en calquera banco ou caixa.
- Acreditar que é estudante a tempo completo nun curso académico recoñecido oficialmente, presentando o resgardo da matrícula.
- DNI.
- Unha fotografía tamaño carné.
- Presentar o resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.
Vixencia: dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (16 meses), ou no seu defecto dende a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.
www.isic.org/
CARNÉ INTERNACIONAL DE PROFESOR ITIC
Destinatarios: profesores empregados como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialmente.
Prezo: 9 euros
Requisitos:
- Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa de 8 euros en calquera banco ou caixa.
- Acreditar que é profesor empregado como persoal docente a tempo completo nunha institución educativa recoñecida oficialmente.
- DNI.
- Unha fotografía tamaño carné.
- Presentar o resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.
Vixencia: dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (16 meses), ou no seu defecto dende a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.
www.isic.org/student-card/iytc-itic.html
CARNÉ INTERNACIONAL DE VIAXES PARA MOCIDADE, GO’25 (IYTC)
Destinatarios: persoas menores de 26 anos
Prezo: 9 euros
Requisitos:
- Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa de 6 euros en calquera banco ou caixa.
- DNI.
- Unha fotografía tamaño pasaporte.
- Presentar o resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.
Vixencia: un ano dende a data da súa emisión.
www.isic.org/student-card/iytc-itic.html
CARNÉS DE ALBERGUISTA
Destinatarios: recoñecido internacionalmente e válido para utilizar en todos os albergues nacionais e estranxeiros.
Requisitos:
- Solicitar no CMIX -ou descargar- o impreso de autoliquidación de taxas* e aboar a correspondente tarifa en calquera banco ou caixa.
- Para a expedición destes carnés, só se precisa a presentación do DNI ou pasaporte e o aboamento do seu importe.
- Presentar ademais o resgardo do impreso de autoliquidación, conforme se fixo o aboamento no banco.
Prezos:
- Xove<25 (de 14 a 25 anos): 5 €
- Xove>25 (de 26 a 29 anos): 5 €
- Adulto (+ 30 anos): 12 €
- Grupo (número mínimo 10 persoas): 15 €
- Familiar (matrimonio e fillos): 24 €
- Visitante estranxeiro (sen límite de idade). Selos de benvida: 3,5 € (adquírense no albergue)
Vixencia: un ano dende a data en que se emiten.
www.reaj.com
www.hihostels.com
* IMPRESO DE AUTOLIQUIDACIÓN DE TAXAS Modelo AI. Autoliquidación de Taxas
Para cubrir este impreso, os códigos correspondentes na Coruña son:
Consellería de Traballo e Benestar Cód. 14 ; Delegación da Coruña Cód. 10; Servizo de Xuventude e Voluntariado Cód. 3 ;
En canto aos campos CONCEPTO e CLAVE correpondentes a cada carné son:
| CLAVE |
CONCEPTO |
| 36.31.01 |
Carné xove |
| 36.32.01 |
Carné alberguista xove |
| 36.32.02 |
Carné alberguista adulto |
| 36.32.03 |
Carné alberguista grupo |
| 36.32.04 |
Carné alberguista familiar |
| 36.32.05 |
Carné alberguista para estranxeiros |
| 36.32.06 |
Carné teacher (ITIC) |
| 36.32.07 |
Carné internacional xove (IYTC) |
| 36.32.08 |
Carné Student (ISIC) |