
As cuestións abertas no barrio afectan a moitos ámbitos temáticos que teñen unha forte interrelación.
A mobilidade, por exemplo, require unha reordenación integral do actual modelo de tráfico rodado. Pero tamén fai necesario reducir a dependencia dos vehículos, para o que é preciso traballar no deseño de espazos dotacionais accesibles. Promover a cultura da proximidade require intervir na mellora do espazo público e no seu deseño pensado exclusivamente para o tráfico rodado. Así mesmo, hai que promover que a actividade comercial tradicional responda ás demandas dos veciños e poida competir con outros tipos de plataformas comerciais.
Os demais factores sobre os que é necesario intervir tamén presentan unha densa trama de interrelacións que esixe que as actuacións de desenvolvemento do entramado urbano da Agra do Orzán se contemplen dende unha perspectiva integrada. Esta perspectiva integrada require considerar de forma conxunta os aspectos económicos, ambientais e sociais para deseñar unha intervención que sitúe a Agra nun horizonte de crecemento e de sustentabilidade.
En primeiro lugar, considerouse imprescindible acometer unha actuación de gran calado que incida tanto en aspectos formais como funcionais da paisaxe urbana. Esta actuación catalizadora e con efecto sinérxico é a construción do equipamento denominado “Ágora”.
Ademais, no modelo de urbanización da Agra do Orzan é posible gañar espazo público e mellorar a calidade do hábitat, pero non o é a creación de zonas verdes ou equipamentos. Para solucionar esta cuestión, que se considerou fundamental para a sustentabilidade ambiental e social do barrio, é necesario orientar a nova urbanización de parcelas próximas ao espazo residencial dándolle unha especial importancia á creación de parques públicos. Neste sentido, a remodelación da ampla parcela do Observatorio Meteorolóxico, a contorna dos bloques residenciais de Mariñeiros e a propia contorna do Ágora están orientados a cumprir este obxectivo de mellorar os estándares de espazos dotacionais e zonas verdes.
Baseándose nestas reflexións, a estratexia de intervención do proxecto descansa nos seguintes tres puntos:
As intervencións que dende unha perspectiva integrada se van levar a cabo permitirán acadar os seguintes obxectivos: