Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Creative Commons

Logo Creative Commons

O Concello da Coruña pretende fomentar o coñecemento aberto mediante a cesión para uso público dos contidos e información propiedade ou xerados por esta administración.  Desta forma pode atopar dentro do portal web do CMIJ contidos liberados ao dominio público. A continuación indícanse os tipos de contido que pode vostede atopar neste portal web sectorial e a licenza de uso á que están sometidos:

 

TEXTOS

 

Os textos (excepto onde se indique o contrario) do Nex están licenciados baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licencia 2.5 España License.

 

Vostede é libre de:

1. copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra
2. facer obras derivadas

Baixo as condicións seguintes:

1. Recoñecemento. Debe atribuír este traballo a Concello da Coruña (con enlace).
2. Non comercial. Non pode utilizar esta obra para fins comerciais.
3. Compartir baixo a mesma licenza. Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só pode distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

--------------

* Ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra.
* Algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso do titular dos dereitos de autor
* Nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais do autor.

 

 

OUTRO TIPO DE CONTIDOS 

 

As imaxes, vídeos ou outros contidos que non sexan texto están suxeitos a copyright do seu propietario ou a solicitude de licenza de uso ao Concello, excepto onde se indique o contrario.

Permisos máis aló do alcance desta licenza están dispoñibles a través desta páxina de petición de información

 

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións recoñecidas por lei non ven afectados polo anterior.