QUE É?
O Centro Municipal de Información Xuvenil dispón dunha caixa de recursos para actividades sen ánimo de lucro a disposición de todas as asociacións, colectivos, clubs, federacións e outros colectivos conformados por persoas de 14 a 30 anos ou vinculados dalgunha maneira á mocidade.
A QUEN SE DIRIXE?
A Caixa de recursos preséntase como servizo orientado fundamentalmente a:
• Asociacións xuvenís legalmente constituídas.
• Grupos de mocidade, tanto de carácter estable como aqueles de carácter conxuntural.
• Entidades prestadoras de servizos á mocidade.
• Aquelas entidades que, sen ser especificamente xuvenís, desenvolven proxectos de sensibilización coa mocidade ou pola mocidade.
PARA QUE ACTIVIDADES PODO SOLICITAR MATERIAIS DA CAIXA DE RECURSOS?
Aquelas actividades e fins que non sexan contrarios aos dereitos humanos ou que supoñan unha discriminación por razóns de grupo humano, sexo, lingua, cultura, relixión, ideoloxía, condición social ou persoal.
COMO SE SOLICITA?
Recollendo e cubrindo as solicitudes no Centro Municipal de Información Xuvenil -CMIX- ou descargándoas en www.coruna.es/nex e entregándoas, debidamente cubertas, no propio CMIX.
O prazo de solicitude de materiais non poderá ser inferior a tres días nin superior a seis meses. O material non poderá ser solicitado para máis dunha semana, sen posibilidade de prórroga. En caso de precisar o recurso por máis tempo será necesario achegar un proxecto á solicitude que permita determinar a dispoñibilidade nas datas que se soliciten.
CANDO DEVOLVO O MATERIAL?
O primeiro día hábil posterior ao termo da actividade o material deberá ser devolto ao CMIX. Os danos do material corren a cargo da persoa ou asociación que os solicitase. En caso de roubo, deberase presentar unha copia da correspondente denuncia do roubo.
DE QUE MATERIAL PODES DISPOÑER?
Actualmente, podes solicitar na caixa de recursos os seguintes materiais:
• CÁMARA DIXITAL
• VIDEOCÁMARA DIXITAL
• GRAVADORA DIXITAL
• ORDENADOR PORTÁTIL
• MEGÁFONO PORTÁTIL
• RADIO CD (CON ENTRADA DE AUDIO)
• MINICADEA (CON ENTRADA DE AUDIO)
• EQUIPOS DE MEGAFONÍA (AUDIOPHONY / YAMAHA / ALTO)
• MICRÓFONOS
• PÉS DE MICRO
• TRÍPODE EQUIPO MEGAFONÍA
• TRÍPODE CONTROL REMOTO
• DVD
• CANÓN PROXECTOR
• ALTAVOCES
• PANTALLAS PORTÁTILES PARA PROXECCIÓNS
ONDE PODES SOLICITAR ESTES MATERIAIS?
Deberás presentar a solicitude debidamente cuberta no Centro Municipal de Información Xuvenil, (Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1).
O SERVIZO DA CAIXA DE RECURSOS NON ESTÁ DISPOÑIBLE NOS SEGUINTES CASOS:
Ademais daqueles supostos que non se adecuen co tipo de actividades xa indicadas anteriormente, a caixa de recursos non estará dispoñible se:
- A solicitude é realizada por unha persoa particular para desenvolver actividades a título individual.
- A solicitude é realizada por unha empresa ou similar.