DESCRICIÓN
Descubrir a información é unha visita que propón o Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) para aproximar a mocidade ao funcionamento dun centro informativo e documental.
Na actual Sociedade da Información o volume de datos que se xera sobrepasa con frecuencia as posibilidades de convertelos en coñecemento, de aí a importancia dos centros de información e documentación como axentes ponderadores que lle poidan facilitar a transmisión de información ao público en xeral para así facilitar as posibilidades de que esta se converta en coñecemento.
FINALIDADE E OBXECTIVOS
Transmitir as diferenzas entre información e coñecemento e, á súa vez, a interdependencia de ambos os conceptos.
Mostrar a necesidade de desenvolver competencias para a selección informativa en diversas fontes que permita a obtención de coñecemento.
Dar a coñecer entre a mocidade un centro de información e os aspectos xerais do seu funcionamento.
Achegar a mocidade da Coruña ao Centro Municipal de Información Xuvenil para que así coñeza un recurso informativo á súa disposición.