vostede está en: especiais / revisión e adaptación pxom / en que consiste

En que consiste a revisión

o proxecto

Situado, polo tanto, entre dous enormes ámbitos de solos urbanizables, pendentes ambos da redacción dun Plan Parcial (un deles xa aprobado actualmente, o Parque Ofimático, pero non executado), quedou pendente da redacción dun instrumento de planeamento (o PERI), que lle dese un carácter, unha singularidade, fronte aos grandes desenvolvementos urbanísticos da "nova cidade" que xurdiría ao seu arredor.

Trataremos agora de redactar este instrumento de planeamento (un Plan Especial), que seguindo criterios de urbanismo sustentable, e cunha perspectiva de xénero, feminina, conseguir o obxectivo da recuperación física, ambiental e social deste antigo núcleo rural coruñés.

O proceso planificador comezará cunha análise da situación actual: estado da edificación, das infraestruturas urbanas, do plano catastral e a titularidade dos lugares públicos e os camiños, inventario patrimonial, inventario vexetal e usos do solo, análise socioeconómica da poboación, demografía ... creándonos así unha idea global do territorio sobre o que temos que traballar.

Como segundo punto, fixaremos os criterios de redacción do documento: a mixticidade e complexidade dos distintos usos, a posta en valor dos espazos públicos e os lugares de encontro, as novas dotacións e equipamentos necesarios, a mobilidade e a accesibilidade, e por suposto, un estudo sobre a tipoloxía das vivendas e, de forma implícita, as ordenanzas de aplicación.

Suxírese un proceso diferente de participación pública, contando coa opinión e a colaboración dos veciños, por medio de actividades e exposicións.

Máis información

Cal é a súa tramitación?

A tramitación dun plan debe ser acordada entre todos os axentes e cidadáns. Por iso a Revisión dun Plan debe pasar por múltiples fases dende o comezo dos traballos e estudos ata a súa aprobación definitiva. 

Máis información

Organismos

A redacción dun Plan Xeral debe solicitar todos os informes sectoriais preceptivos das distintas administracións e órganos competentes en cada unha das áreas que inflúen na súa redacción (vivenda, costas, medio ambiente, infraestruturas, etc.) 

Máis información

Alcance e contido

O Plan Xeral de Ordenación Municipal é un instrumento urbanístico de ordenación integral, abarca o termo municipal da Coruña.

Cal é o alcance e contido da revisión? En que áreas ou sectores establecerá unha regulación?

Máis información

Rexistro ITE

Pode ver as ITE que hai asociadas a un propietario (necesario certificado dixital) ou ben acceder só ao estado dunha en concreto (sen certificado).

Urbanismo en rede

Visor do planeamento vixente e consulta de información.

Contacte con nós

981 184 200

Se o prefire, envíenos un correo coa súa consulta. 

Para ler os documentos...

Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.

Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.