Urbanismo
Vista aérea da cidade da Coruña
vostede está en: especiais / revisión e adaptación pxom / diagnose e síntese / 0.15 universidade como elemento de atracción e potencial desenvolvemento

A Universidade está organizada en dous campus e algúns edificios complementarios en Maestranza e Oza:
Riazor é o máis antigo, consolida un pequeno campus compacto e ben integrado na trama residencial.
Elviña é o meirande deles e localízase na entrada da cidade, cerca do castro, dispondo de chans contiguos para a posible extensión ou de futuras actividades relacionadas coa Universidade.
A organización do campus nun sistema orgánico de mazás abertas na paisaxe resulta moi valiosa e conviría mellorar a súa relación coas antigas zonas tradicionais, así como clarificar a estrutura peonil entre as súas partes.
Os seus accesos con transporte público e a súa continuidade coas súas zonas adxacentes poderán mellorar para facilitar a localización de actividades innovadoras relacionadas coa Universidade e o sector do coñecemento. Constátase cada vez máis a capacidade de indución da Universidade sobre actividades de investigación e desenvolvemento, tamén como forma de mellorar o propio perfil da oferta académica. O campus parece ter masa crítica suficiente para atraer actividades de investigación aplicada e desenvolvemento do coñecemento que poden localizarse preto dos seus espazos centrais. Outros servizos universitarios tamén teñen que ter cabida.
Índice
Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.