vostede está en: especiais / revisión e adaptación pxom / diagnose e síntese / 0.6 morfoloxías urbanas na coruña: formas de ensanche vs. conxuntos independentes

0.6 Morfoloxías urbanas na Coruña: Formas de ensanche vs. conxuntos independentes

Morfoloxía urbana

A Coruña ten bos exemplos de fragmentos de "ensanche" e tamén de "conxuntos de composición independente" ou polígonos residenciais. Nas últimas décadas a proliferación de conxuntos bastante autónomos respecto ao resto da cidade guiou a expansión da cidade. Quizais é o momento de explorar novas formas de organización urbana que permiten construír conxuntos urbanos con mellores calidades ambientais e sistemas de usos máis imbricados...

Polo tanto nun esforzo por "reciclar" os espazos urbanos baleiros ou sen uso adecuado, haberá que contar coa dobre experiencia da Coruña:

  1. A dos espazos en trama de rúas denominados normalmente como ensanches, que producen unha cidade común ou "xenérica". Son os espazos da grande expansión do século XX, que desgraciadamente foron moi densificados nas últimas décadas.
  2. Algúns espazos singulares -polo seu trazado e/ou uso- que crean puntos ou sectores de innovación na forma urbana, pero que son encaixados como operacións contextuais para definir novas áreas na cidade. Un bo exemplo foi no seu día o conxunto de Riazor creando unha polaridade espacial e un referente no conxunto da cidade.

Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.