Urbanismo
Parque de Santa Margarita
vostede está en: especiais / revisión e adaptación pxom / diagnose e síntese / 0.12 o sistema natural

Espazos naturais na Coruña.
O nivel de desenvolvemento urbanístico da Coruña, o seu tamaño e densidade demandan unha urxente mellora na definición dos seus espazos naturais máis próximos. O Plan Xeral vixente "reserva" unha serie de espazos fóra da cidade, xa sexa de natureza agrícola, forestal ou natural que son entendidos como pezas no conxunto municipal.
Convén conseguir unha mellor integración entre os espazos naturais e os urbanos e deberíase pasar dunha situación tradicional "do resto verde" a un espazo natural e verde, con estrutura ben formalizada para que teña significación no conxunto e adquira un rol forte na complexidade urbana. A definición destes espazos conséguese do estudo da topografía territorial, e tamén da atenta observación da carta de solos agrícolas e dos prados, dos fluxos das augas, así como dalgunhas referencias ou vestixios antigos e/ou arqueolóxicos de valor como o Castro de Elviña.
Polo tanto estes espazos non só deberán ser "solos para non transformar" senón que teñen que constituír unha rede ecolóxica e natural que poida actuar como un sistema.
Aténdese a tres compoñentes:
Para o desenvolvemento destes compoñentes vaise atender a diversas estratexias. Entre elas destacan:

Índice
Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.