Urbanismo
Vista aérea da cidade da Coruña
vostede está en: especiais
Revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal

O planeamento urbanístico vixente no municipio constitúeo o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente o día 19 de outubro de 1998. O devandito plan foi completándose, no transcurso da súa vixencia, coa aprobación dalgunhas modificacións puntuais e coa aprobación do seu planeamento de desenvolvemento.
O elevado grao de execución do PXOM obriga á súa revisión, dado que dos ámbitos de solo urbanizable previstos só dous deles non foron obxecto de ningunha tramitación e nun caso debido á incidencia e afección da Refinería, mentres que o resto están en fase de execución material ou de tramitación de plan parcial.
Con carácter xeral, a entrada en vigor dunha nova lei do solo galega recomenda a adaptación do PXOM a esta, para os efectos dunha maior seguridade xurídica.
Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.