Buscador

Son docente

Neste apartado atoparás información especializada para ti sobre as actividades que desenvolvemos no Centro Municipal de Emprego, enlaces e entidades de interese:


  1. Punto de atención para o emprego
  2. Programa Transición escola vida activa
  3. Programa Semente
  4. Programa Atrévete
  5. Programa Inicia
  6. Programa Xera
  7. Talleres de iniciativas empresariais
  8. Enlaces de interese

 

Programa Transición Escola Vida Activa:

Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito dende a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que o alumnado dos ciclos de Formación Profesional e Programas de Cualificación Profesional Inicial do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre o remate dos estudos e a incorporación ao emprego.

DESTINATARIOS: Alumnado dos ciclos de Formación Profesional e Programas de Cualificación Profesional.

INSCRICIÓN:

  • Prazo de solicitude: de 15 de setembro a 15 de outubro de cada ano.
  • Modo de inscrición: a ficha cóbrese directamente na “Páxina Web Educativa municipal“: www.edu.coruna.es. Para acceder a ela, aqueles centros que non estean incorporados á “Intranet Educativa Municipal”, poderán utilizar a clave que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitar a clave de acceso no ”Servidor Central” (teléfono 981 18 43 00).

Para máis información, chámanos ou envíanos un email.

Programa Xera

Queremos fomentar a iniciativa empresarial no alumnado dos ciclos de Formación Profesional. Para iso ofrecemos seminarios nos que se traballa a xeración de ideas empresariais, cómo facer un plan de empresa, etc.

Máis información:

Programa -concurso- Inicia

Dirixido ao alumnado dos Ciclos de Formación Profesional, propoñémoslles participar neste concurso de carácter anual, presentando un proxecto empresarial.

Máis información:

Punto de atención para o emprego:

É un punto de información no que te atenderán personalizadamente, para facilitarche información sobre ofertas de emprego, cursos de formación ocupacional, asesoramento para a procura de emprego e, en xeral, información de ámbito laboral.
Terás que pedir cita, xa sexa telefonicamente ou a través de "Solicitude de entrevista".

Talleres de iniciativas empresariais

Os Talleres de Iniciativas Empresariais son seminarios de curta duración que achegan unha visión xeral arredor de contidos puntuais relacionados co mundo empresarial (fiscalidade, atención á clientela...). Están dirixidos ao alumnado dos Ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

 

Máis información:

 

Programa Semente

Programa educativo de difusión da cultura emprendedora onde o alumnado de educación primaria e secundaria, crea a súa propia empresa baixo a fórmula de cooperativa (cooperativa escolar).

 

Máis información:

© Concello da Coruña

Información RSS