Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Blogoteca

Un blog (ou weblog ou bitácora) é como un diario dispoñible en Internet, un espazo persoal ou sitio web actualizado periodicamente que recompila textos ou artigos de un ou varios autores. Como norma xeral, as entradas dos blogs están ordenadas cronoloxicamente de máis recente a máis antiga e, na maioría dos casos, permiten facer comentarios a elas, de xeito que se integre a comunidade no blog aínda que o autor conserve sempre a liberdade de facer unha selección do que quere deixar blicado.
A diferenza do que se cre non todos os blogs son de carácter persoal, existen, entre outros, os blogs comunitarios (escritos entre máis dunha persoa) ou os corporativos (ao servizo dunha empresa ou entidade).
Unha variante moi coñecida dos blogs son os fotologs, unha especie de diario en imaxes que se diferencia das galerías fotográficas en que se publican regularmente e en que o texto, tanto o dos comentarios do autor como o dos depositados polos lectores, posúe a mesma importancia que a imaxe.
En resumo, calquera que sexa o tipo ou estilo, son unha maneira simple e rápida de difundir a información que a cada un lle interese sen necesidade de pouír grandes coñecementos técnicos.

Glosario:
Blogger: persoa que modera un blog
• Problogger:
bloguer profesional.
• Blogosfera:
comunidade que forman todos os bloggers
• Blogging:
actividade de actualizar un blog
• Post:
artigos ou entradas que se publican nos blogs
• Taggear:
etiquetar palabras clave a unha entrada dun blog
• Blogroll:
listaxe de enlaces a outros weblogs
• Splog:
un spam blog