O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, a través do Servizo de Turismo Xuvenil, pon en marcha cada verán unha serie de actividades: concursos con premios que poñerán Europa ao teu alcance, un taller fotográfico para que poidas obter as mellores fotografías nas túas viaxes, e un ciclo de cinema no que a temática da viaxe se converte no fío condutor. Ademais terás á túa disposición un servizo de información, no que poderás informarte da viaxe que pensas facer por terra, mar ou aire, á medida do teu orzamento e das túas posibilidades.
E ademais:
Xove euro<30
Alberguista
Teacher
Internacional de estudante
Xove internacional
- http://www.facebook.com/cmix.coruna
- http://twitter.com/#!/CMIXCoruna/
NO CMIX:
Para proporcionarche información práctica e actualizada e que moverte che resulte o máis fácil e económico posible poñemos á túa disposición os seguintes recursos que che permitirán coñecer todas as posibilidades que che ofrecen os destinos que queiras visitar:
• Sección especializada en xeografía e viaxes da biblioteca do CMIX. Preme aquí para coñecer os nosos fondos.
• Revistas especializadas en xeografía, viaxes e turismo activo da hemeroteca do CMIX. VIAJES NATIONAL GEOGRAPHIC, LONELY PLANET MAGAZINE e GRANDES ESPACIOS. Pásate polo CMIX se estás interesado en consultar os seus contidos.
• Dossieres de información, folletos, mapas, planos...
NO NEX:
• Espazo de turismo. Toda a información que poidas necesitar á hora de emprender ou planificar unha viaxe organizada de maneira clara a través dun cómodo menú.
Dentro da blogoteca existen infinidade de blogs viaxeiros, se lles botas unha ollada poderás obter información de grande interese: novas de actualidade sobre o sector turístico, consellos para viaxeiros, guías ou diarios de viaxes, foros de opinión... Podes mesmo participar comentando algún post, e se cres que tes moito que contar sobre os sitios que visitaches, colgar as túas fotos viaxeiras e entrar na comunidade de bloggers crea o teu propio blog. Visita a nosa blogoteca e déixate orientar.
NA REDE:
O universo de Internet bríndanos infinidade de posibilidades para os que senten paixón por viaxar e non queren renunciar a iso aínda que teñan un orzamento reducido ou non teñan con quen facelo. Propoñémosvos algunhas opcións para atopar compañeiros de viaxe ou alternativas en grao sumo orixinal para coñecer sitios ou persoas aforrando o máis posible.
• Aforra en aloxamento:
http://www.prestametusofa.com, consiste en intercambiar un espazo na túa casa, de maneira que consigas aforrar os cartos dos hoteis e sexa tamén unha maneira de fomentar novas amizades noutras cidades.
Outra opción, para os que dispoñades dunha vivenda propia, consiste en cambiala durante as vacacións por outra noutra cidade ou país:
http://www.intercambiocasas.com
http://www.intercambiodecasa.es
http://www.intercambiarcasa.es
• Aforra en desprazamento:
http://www.gabinotravel.com/es, comunidade de viaxeiros en liña ademais de portal de anuncios de todo tipo: para buscar mochileiros ou aventureiros, compartir viaxes en coche, moto etc.
http://www.compartir.org, rede de municipios, empresas e organismos que fomentan o servizo de compartir coche.
http://www.comparteviaje.es, atopa aquí persoas para compartir gastos das túas viaxes en coche, tamén poderás rexistrarte para atopar xente para facer unha viaxe.
• Atopa compañeiros de viaxe:
http://www.viajarsolo.com, este site posúe a sección bolsa de viaxeiros, un rexistro no que te podes inscribir de maneira gratuíta para buscar compañeiros de viaxe.
• Déixate aconsellar:
http://www.losviajeros.com, o foro de viaxes máis famoso de Internet, podes intercambiar impresións e experiencias con outras persoas que xa visitaron os lugares aos que tes previsto viaxar. Dispón ademais doutros servizos: chat, blog e diarios de viaxes...
http://www.turinfo.es, é unha guía de viaxes na web, con consellos prácticos e enlaces útiles. Información valiosa sobre turismo. Guías de viaxe con consellos útiles. Novas de última hora relacionadas coas empresas de transporte e outros servizos.
http://www.cuentatuviaje.net, páxina dedicada a recoller as experiencias dos viaxeiros polo mundo, dándolles a oportunidade de compartir con todos as súas viaxes. Ao mesmo tempo proporciona consellos, opinións, rutas, guías de viaxes e un longo etc.
• Practica un turismo responsable:
O turismo é un sector que permite xerar postos de traballo á vez que ten o potencial de impulsar o desenvolvemento local e pode actuar como motor de crecemento de países e poboacións máis desfavorecidas. As iniciativas que xurdiron arredor desta idea coñécense como turismo responsable ou sustentable. Exemplo diso é:
http://www.turismo-solidario.es, directorio de aloxamentos sustentables en África, é dicir, que cumpren unha serie de requisitos asociados á promoción da muller, protección e conservación do medio ambiente e sustentabilidade.
http://www.viajesresponsables.com, é un portal de viaxes no que atoparás multitude de posibilidades para viaxar: ecoturismo, sendeirismo, turismo activo, circuítos culturais, turismo solidario, etc. Todo iso a través de operador e aloxamentos que incorporan unha política de responsabilidade cun dobre obxectivo: que o viaxeiro goce dun servizo de calidade e que a súa viaxe afecte de forma positiva á poboación do destino que se visita.
O turismo responsable moitas veces aparece asociado ao concepto de turismo solidario, non obstante este último refírese máis ás viaxes de solidariedade, coñecemento ou cooperación que organizan algunhas ONGD, como os campos de solidariedade que organiza o SCI (Servizo Civil Internacional). O obxectivo é coñecer pero tamén colaborar no traballo que desenvolven. Quen estea interesado atopará máis información no noso espazo de Voluntariado do NEX.