Interésache saber a qué bibliotecas podes acudir, qué servizos che ofrecen ou cómo atopar un documento consultando un catálogo en liña? Atopa nesta sección as respostas a todas as cuestións que se poidan formular en relación a esta materia.
Bibliotecas públicas:
Son un servizo de acceso libre e gratuíto para o público en xeral ao que podes acudir non soamente para satisfacer as túas necesidades de información, xa que dispoñen duns fondos que abarcan todas as materias e soportes, senón tamén porque poderás beneficiarte doutros moitos servizos que che proporcionan: préstamo a domicilio de todo tipo de materiais (libros, revistas, películas, música...), acceso a internet, actividades formativas, exposicións etc.
Visita dende aquí os portais das bibliotecas públicas que tes á túa disposición na cidade:
Se queres atopar outras bibliotecas públicas ou buscar un documento en concreto podes consultar as seguintes páxinas:
Bibliotecas universitarias:
Posúen uns fondos altamente especializados e actualizados. A consulta en sala de documentos é libre e aberta ao público en xeral aínda que para utilizar o servizo de préstamo a domicilio ou acceder ás bases de datos e outros recursos de acceso restrinxido é necesario pertencer á comunidade universitaria ou ter a condición de usuario externo.
Dende a Biblioteca da Universidade da Coruña poderás entrar tanto no catálogo da propia universidade como aos catálogos de todas as universidades españolas e dispoñer de moitos outros recursos informativos de grande utilidade.
Biblioteca do Centro Municipal de Información Xuvenil:
O CMIX conta cun fondo documental especializado que atende a demanda informativa tanto da mocidade como dos profesionais que traballan con eles. Constituído principalmente por monografías está estruturado en grandes áreas temáticas como Educación, Traballo, Cultura, Tempo Libre, Programas de Xuventude, Participación, Saúde ou Socioloxía. Mención especial merece a nosa "Viaxeteca", unha ampla sección dedicada a todo o relacionado co turismo e as viaxes, composta principalmente por guías turísticas, mapas e folletos. Ademais dentro da nosa colección de Publicacións Periódicas atoparás un variado abano de revistas do teu interese (Rolling Stone, Cahiers du Cinema, WAD, Viajar, Zero, La Moto, Obradoiro de Artesanía etc.)
Podes buscar calquera documento da nosa biblioteca a través do catálogo de Bibliotecas Públicas Municipais seleccionando o subcatálogo de Información Xuvenil.
Servizos:
Localiza a través do buscador todas as bibliotecas que existen na cidade.