Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Exames

Imprimir listaxe

  • 19 Resultados:
  • [1]
  • [2]
home con casco, gafas de seguridade e mono de traballo, acarretando tubos metálicos. Escrito:

Proceso de acreditación de competencias profesionais

Data:
Dende o 21/05/2013 ata o 12/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral(e/ou aprendizaxes non formais) en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Cartel das probas de avalización

Probas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Data:
matrícula segundo convocatoria
Resumo:
A Universidade da Coruña convoca probas específicas de admisión aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2013-2014.

Exames para a obtención e para a renovación dos certificados de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril

Data:
Dende o 14/05/2013 ata o 27/06/2013
Resumo:
A Dirección Xeral de Ferrocarrís resolveu convocar exames, globais e por especialidades, para a obtención e para a renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril.

Probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2013-2014

Data:
As probas comezarán o día 25 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 13/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2013-2014.

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014

Data:
comezarán o día 26 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 14/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014.

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2013-2014

Data:
As probas comezarán o día 25 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 07/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca as probas de acceso ás esinanzas superiores de Música en Galicia.

Probas de acceso aos estudos superiores de deseño para o curso 2013-2014

Data:
20/06/2013
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 06/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso aos Estudos Superiores de Deseño.

Probas acceso ao Conservatorio Profesional de Música curso 2013-2014

Data:
inscrición para 1º do grao profesional do 13 de maio ao 4 de xuño de 2013 e para 1º do grao elemental do 9 de maio ao 5 de xuño de 2013
Resumo:
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña ten publicadas na súa web as datas das probas de acceso.

Proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para as persoas maiores de 19 ano que non teñan o Bacharelato

Data:
07/06/2013
Data de inscrición:
Dende o 11/05/2013 ata o 30/05/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato e sexan maiores de 19 anos.

Exame Auditores de contas

Data:
Dende o 27/04/2013 ata o 05/06/2013
Resumo:
O Ministerio de Economía e Competitividade convoca o exame de aptitude profesional para a inscrición no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
  • 19 Resultados:
  • [1]
  • [2]