Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Oposicións

Imprimir listaxe

  • 13 Resultados:
  • [1]
  • [2]

50 prazas de Inspector do Corpo Nacional de Policía

Data:
Dende o 19/06/2013 ata o 08/07/2013
Resumo:
O Ministerio do Interior convoca oposición libre para cubrir 50 prazas de alumnos da Escola Nacional de Policía, aspirantes a ingreso na Escala Executiva, categoría de Inspector, do Corpo Nacional de Policía.

1500 prazas das escalas de tropa e mariñeiría

Data:
solicitude cita previa ata 15-07-2013
Resumo:
O Ministerio de Defensa convoca concurso-oposición para cubrir as prazas para o acceso de nacionais e estranxeiros á condición de militar de tropa e mariñeiría. O proceso de selección levará a cabo mediante o establecemento dun Ciclo Único de Selección.

Prazas da Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil

Data:
Dende o 18/06/2013 ata o 02/07/2013
Resumo:
O Ministerio de Defensa convoca probas selectivas para o ingreso directo, polo sistema de concurso-oposición, nos centros docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil. 41 prazas libres.

1 Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas para o concello de Vigo

Data:
Dende o 12/06/2013 ata o 01/07/2013
Resumo:
O concello de Vigo, Xerencia Municipal de Urbanismo, convoca oposición para a provisión da praza de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.

Persoal para impartición de cursos de formación para o emprego no concello de Oleiros

Data:
Dende o 10/06/2013 ata o 19/06/2013
Resumo:
O concello de Oleiros convoca concurso-oposición, quenda libre, para a selección de persoal experto docente para a impartición de cursos de formación para o emprego (AFD) no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.

Bolsa de emprego persoal de apoio Escola Infantil Municipal de Val do Dubra

Data:
Dende o 08/06/2013 ata o 27/06/2013
Resumo:
O Concello de Val do Dubra anuncia a creación dunha bolsa de emprego de persoal de apoio da escola infantil municipal.

Praza de Director do Centro Cultural en Guinea Ecuatorial-Bata

Data:
Dende o 07/06/2013 ata o 21/06/2013
Resumo:
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca proceso selectivo para a provisión da praza de Director do Centro Cultural en Guinea Ecuatorial-Bata.

1 praza de auxiliar para o concello de Nigrán

Data:
Dende o 05/06/2013 ata o 24/06/2013
Resumo:
O concello de Nigrán convoca oposición libre para a provisión dunha praza de auxiliar, grupo C, subgrupo C2.

15 prazas do Corpo Carreira Diplomática

Data:
Dende o 01/06/2013 ata o 20/06/2013
Resumo:
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, na Carreira Diplomática.

1 praza de auxiliar para o concello de Nigrán

Data:
prazo até 20 días a partir da publicación no BOE
Resumo:
O concello de Nigrán convoca proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar. Sistema oposición libre.
  • 13 Resultados:
  • [1]
  • [2]