Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Asociacionismo

 

  • Que é unha asociación xuvenil?

Unha asociación xuvenil é unha organización formada por e para a mocidade, que se compromete a participar en actividades conxuntas de acordo cuns obxectivos, intereses e gustos comúns. A través dunha asociación xuvenil poderás:

• Compartir experiencias e opinións con outros/as mozos/as

• Loitar por obxectivos comúns con máis forza e eficacia

• Intercambiar intereses e afeccións

• Organizar actividades culturais, deportivas, lúdicas, sociais etc.

• Potenciar a vida cultural e a participación da mocidade da sociedade

En definitiva, conseguir cumprir con maior eficacia os obxectivos que desexes lograr.

En canto ás súas características principais, podemos citar as seguintes:

• Poden ser socios de pleno dereito os/as mozos/as de idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os 30 sen cumprir.

• Os menores de idade poden ser membros dos órganos de goberno, pero non serán responsables ante terceiros e as decisións tomadas polos órganos nos que participen.

Rexístranse no mesmo rexistro establecido para calquera tipo de asociación, pero debe figurar nos seus estatutos o seu carácter de asociacións xuvenís.