Saltar ao contido

Concello de A Coruña
Novo Espazo Xuvenil

Nex (A Coruña)- Novo espazo xuvenil

Logo Interrail

O CMIX, grazas á colaboración de Renfe Viajeros, sortea 2 pases InterRail entre as mozas e mozos de entre 15 e 35 anos que utilicen o seu Servizo de Información sobre Turismo Xuvenil

Data:
Dende o 20/05/2013 ata o 25/06/2013
Resumo:
Os/as usuarios/as poderán depositar unha papeleta na urna que, para tal efecto, se colocará no CMIX desde o 20 de maio ata o 25 de xuño de 2013.
Cartel das probas de avalización

Probas de acceso aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Data:
matrícula segundo convocatoria
Resumo:
A Universidade da Coruña convoca probas específicas de admisión aos estudos de grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, para o curso académico 2013-2014.

Sesión informativa da Embaixada de Canadá sobre a Iniciativa: Experiencia Internacional Canadá para a xuventude

Data:
28/05/2013
Data de inscrición:
Dende o 16/05/2013 ata o 27/05/2013
Resumo:
A Embaixada de Canadá ofrecerá unha charla no Fórum Metropolitano para informar sobre a Iniciativa "Experiencia Internacional Canadá para a xuventude", dirixida á mocidade de entre 18 e 35 anos.

Probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2013-2014

Data:
As probas comezarán o día 25 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 13/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2013-2014.

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014

Data:
comezarán o día 26 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 14/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014.

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2013-2014

Data:
As probas comezarán o día 25 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 07/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca as probas de acceso ás esinanzas superiores de Música en Galicia.

Probas de acceso aos estudos superiores de deseño para o curso 2013-2014

Data:
20/06/2013
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 06/06/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso aos Estudos Superiores de Deseño.

Axudas para a obtención do permiso de condución clase B

Data:
Dende o 14/05/2013 ata o 01/10/2013 , salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible
Resumo:
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos.

Probas acceso ao Conservatorio Profesional de Música curso 2013-2014

Data:
inscrición para 1º do grao profesional do 13 de maio ao 4 de xuño de 2013 e para 1º do grao elemental do 9 de maio ao 5 de xuño de 2013
Resumo:
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña ten publicadas na súa web as datas das probas de acceso.

Proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para as persoas maiores de 19 ano que non teñan o Bacharelato

Data:
07/06/2013
Data de inscrición:
Dende o 11/05/2013 ata o 30/05/2013
Resumo:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca a proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para as persoas que non estean en posesión do título de bacharelato e sexan maiores de 19 anos.

Programa Galeuropa

Data:
Dende o 30/04/2013 ata o 29/05/2013
Resumo:
A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
Imaxe da campaña do programa de ocio Nocturnia

NOCTURNIA Programa de ocio alternativo

Data:
Dende o 01/03/2013 ata o 08/06/2013
Resumo:
Nova edición de NOCTURNIA, o programa de ocio para a mocidade da Concellería de Xuventude do Concello da Coruña que ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a mocidade de 12 a 30 anos as teñan en conta á hora de planificar as súas fins de semana. Son actividades deportivas, artísticas, audiovisuais, recreativas etc., boa parte preparadas por asociacións e colectivos xuvenís coa única finalidade de que pases un momento agradable e divertido coa túa xente e con outras persoas.