Urbanismo
Praia de Riazor ano 2002
vostede está en: inicio / área municipal
A misión da Área de Urbanismo é levar a cabo unha ordenación racional do solo e a súa xestión urbanística, de acordo coas necesidades demandadas polos cidadáns en particular, e pola cidade en xeral, favorecendo o crecemento e desenvolvemento económico desta.
Igualmente, correspóndelle á Área de Urbanismo a xestión do patrimonio municipal de solo e a intervención administrativa en actos de edificación e usos de solo, mediante os procedementos de licenzas, disciplina urbanística e conservación da edificación.
Para iso ten, entre outras funcións, as seguintes:
1.- Formular e desenvolver o planeamento, establecendo o réxime e uso do solo
2.- Dirección e control da xestión urbanística
3.- Ordenar as actividades e o uso que o solo soporte
4.- Controlar e velar pola seguridade das edificacións
5.- Xestionar o patrimonio municipal
Servizos e departamentos

Consulte trámites, documentación que hai que entregar, información urbanística, competencias e servizos dos distintos departamentos da Área de Urbanismo: Servizos xerais, Planeamento, Xestión, Licenzas e disciplina, Aperturas e Conservación da edificación.
Memorias de Xestión

As Memorias de Xestión de Urbanismo intégranse na Memoria de Xestión do Concello, que acompaña á conta xeral. A través dela podemos valorar, medir e comparar a xestión desenvolvida e o grao de cumprimento dos obxectivos fixados para cada exercicio orzamentario.
Oficina virtual

Dende esta oficina, poderá acceder a aqueles trámites e xestións municipais relacionados coa área de Urbanismo. Descargar impresos en formato dixital, solicitar unha cita previa e outras funcionalidades que iremos incorporando progresivamente.
Rexistro ITE
Pode ver as ITE que hai asociadas a un propietario (necesario certificado dixital) ou ben acceder só ao estado dunha en concreto (sen certificado).
Destacado
Licenzas
Condicións xerais aprobadas por XGL de 21/5/2010
Zona Acusticamente Saturada
Acordo da declaración ZAS no sector Orzán-Juan Canalejo aprobado pola XGL de 21/12/2007
Planos ZAS
Licenzas
Instrución para a aplicación dos procedementos de actos comunicados e declaracións responsables
Revisión e adaptación PXOM
Documentación da fase de aprobación provisional do REAPXOM 26/12/2012
Urbanismo en rede
Visor do planeamento vixente e consulta de información.
Para ler os documentos...
Para poder ler os documentos deste especial necesita descargar o lector gratuíto de PDF.
Concello da Coruña - Praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.