A OMIC é un servizo público de atención aos consumidores do Concello, que presta os labores de información, educación, formación, orientación e asesoramento aos consumidores e usuarios veciños da cidade da Coruña.
Os/as consumidores e usuarios poderán facer uso deste servizo para realizar consultas telefónicas e presenciais en materia de consumo, presentar as Follas de Reclamacións ou solicitar documentación en materia de consumo.
A OMIC da Coruña ofrece unha atención personalizada, tanto presencial como telefónica de consultas, poñendo ao servizo dos coruñeses un servizo de mediación de conflitos en materia de consumo.
Así mesmo efectúanse campañas de información e orientación aos consumidores, sobre temas de consumo que en cada momento poidan supor maior interese para os consumidores.
A OMIC está situada en:
Rúa Costa da Palloza, nº8
15006 A CORUÑA
Tel.- 981 18 98 20
Fax- 981 18 98 21
E-mail. omic@coruna.es
Horario de atención ao público:
Ordinario:
9.00 h-14.00 h de luns a venres
Verán (de 15 de xuño a 15 de setembro, ambos incluídos)
8.30 a 13.30 horas de luns a venres
Cómo chegar
Liña de autobús:
Parada de taxis:
Últimas novas
Documentación de interese.