Descubrir A Coruña

Fotografía da parte superior dun edificio modernista da cidade

Situada no Noroeste da Península Ibérica, A Coruña, Balcón do Atlántico é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, na que o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia.

A Coruña é unha cidade de mil posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña a rúas cosmopolitas e vitais iluminadas polo sol ou o neon. Dende voces proclamando as existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo, polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o esparexemento e espazos naturais onde gozar de vistas e paisaxes espectaculares. Dende arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata as discotecas, o casino e os recitais de música clásica.

A Coruña é unha cidade onde o lecer e a cultura se funden para dar como resultado apaixonantes percorridos.

Arte e cultura

Fotografía del puerto desde los restos de la muralla en el Parrote

Románico, barroco, modernista, contemporáneo; vestixios celtas, fenicios e romanos; museos para tocar, ulir e sentir...

Natureza

Fotografía de una persona montando en bicicleta por el paseo martítimo

A Coruña ofrece infinidade de camiños, carreiros e contornos naturais. Espazos para todos os gustos nos que gozar ao máximo da natureza.

Tarjetas descuento

Coruña Card

Oficinas de turismo

Non dubides en consultarnos para organizar a túa viaxe.

ver máis

Mapas

Mapa de A Coruña

Desprázate pola cidade.