Castellano
|
Galego
Foto presentación

Rkunchos 2010: II Concurso de fotografías con móbil

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, coa colaboración de RENFE Alta velocidad/Grandes líneas e o Consorcio de Turismo da Coruña, pon en marcha a segunda edición do concurso de fotografía con móbil "Rkunchos", no que poderán participar mozos e mozas da Coruña de entre 15 e 25 anos (ambos incluídos). Con esta iniciativa poderás ensinarnos o teu recuncho favorito da cidade baixo o teu prisma, podendo gañar dous billetes de InterRail para viaxar por Europa este verán.

 

OBXECTIVOS

O concurso de fotografía Rkunchos pretende recoller creacións, manifestacións e perspectivas da xente nova a través das novas tecnoloxías que forman parte do seu cotián. Estas creacións consistirán nunha imaxe de foto fixa tomada preferiblemente mediante un teléfono móbil.

TEMÁTICA

A temática das fotografías deberá estar relacionada dalgunha forma cun recuncho, lugar, espazo físico ou anímico, vinculado á cidade da Coruña. Todas as fotografías deben ser inéditas e orixinais e terán que presentarse en formato dixital a través do formulario online habilitado para tal fin e segundo os seus requirimentos.

 

CALENDARIO

Prazo de entrega das fotografías: do 24 de maio ao 15 de xuño de 2010.

Convocatoria, reunión e veredicto do xurado e comunicación á persoa gañadora: semana do 21 ao 25 de xuño.

Entrega de diploma acreditativo e vale do premio: luns, 28 de xuño.

Presentación