Resultados ordenados segundo a súa data de finalización
Martes, 23/2/2010
Máis de 900 escolares participaron no proxecto de dinamización turística "O vagalume da Torre"

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, acompañou os nenos e as nenas do CEIP Curros Enríquez participantes nos talleres incluídos no proxecto "O vagalume da Torre" no marco da Escola-Taller Contorna Torre de Hércules, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello da Coruña. Que pasaría na cidade se desaparecese a Torre de Hércules? Partindo desta ficción, "O vagalume da Torre" é un programa de participación social no que os nenos e nenas de 6º de primaria de todos os colexios da Coruña serán protagonistas na recuperación da nosa Torre con talleres de pintura e chapeus, convocatorias de mail-art e participando como xornalistas no blog http://ovagalumedatorre.es
Martes, 23/2/2010
O Concello cumpre o compromiso de conectar o polígono de Vío coa Terceira Ronda e o porto exterior

O goberno municipal aprobará no próximo pleno a modificación puntual do Plan Xeral en vigor para o acceso ao polígono de Vío dende a Terceira Ronda. Desta forma, o Concello da Coruña demostra o seu compromiso co desenvolvemento das grandes infraestruturas da cidade para facilitar a conexión viaria entre dous grandes polos de crecemento da cidade, como o polígono de Vío e o porto exterior.
Martes, 23/2/2010

O alcalde da Coruña, Javier Losada, abriu unha páxina en facebook e en twitter co fin de ampliar a súa presenza nas redes sociais e así achegarse aínda máis aos coruñeses. No desexo de aproveitar os últimos avances que ofrecen as novas tecnoloxías e co fin de poñelos ao servizo da cidadanía, o alcalde dá un paso máis no seu obxectivo de manter unha comunicación próxima e o máis inmediata posible cos veciños.
Martes, 23/2/2010
Cursos de informática, Internet e ofimática nas bibliotecas municipais
Lista dos cursos de informática, Internet e ofimática das bibliotecas municipais da Coruña.
Prema nun día para ver as súas novas
| Xullo | 10 | |||||
| L | M | Me | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.
Reciba as novidades do portal no seu correo electrónico