Mercado de traballo
A Coruña soubo concentrar entre os seus límites e arredores un gran potencial en canto a traballadores se refire.
O investidor atopará, sen lugar a dúbidas, a man de obra cualificada necesaria para calquera tipo de actividade empresarial. Esta particular circunstancia é consecuencia inmediata do espectacular desenvolvemento da Universidade da Coruña, a presenza na cidade dunha sede da UNED (Universidade Nacional de Educación a Distancia) e a proximidade dunha terceira institución universitaria na provincia da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é importante destacar que estes recursos humanos presentan proporcionalidade equilibrada entre os dous sexos.
A estrutura do mercado laboral ten o claro perfil dunha sociedade de servizos, en crecente proceso de diversificación e especialización. O auxe relativo da actividade económica na Coruña e a súa área metropolitana repercutiu notablemente na cidade como se reflicte na importante diminución do paro rexistrado.
Necesita localizar unha empresa ou entidade da cidade? Probe a localizala no noso directorio telefónico.
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.