Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

A Coruña. Unha cidade para despegar.

Unha cidade para despegar.

A Coruña. Unha cidade para despegar.

Por vía terrestre, a rede de autoestradas e autovías norte-sur comunícana co resto de España e Portugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación local por estrada.

Os aproximadamente 600.000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías que abarcan as comarcas de Betanzos, A Coruña e Ferrol- comunícanse, por estrada nun tempo de 30 minutos.

A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. Recentemente, acometeuse a modernización portuaria e, na actualidade, lévase a cabo a apertura dun porto exterior no oeste da cidade, en Punta Langosteira.

Todo isto está apoiado por axeitadas conexións internas e externas; as internas, na cidade e na súa área de influencia, facilitan a mobilidade cun sistema de comunicacións (rondas que circunvalan a cidade, flota de autobuses, metro lixeiro e tren de cercanías), e as externas conforman un sistema viario de autoestradas e autovías, rede ferroviaria e conexións aéreas e marítimas tanto nacionais como internacionais. Un investimento económico debe estar apoiado por unha vigorosa infraestrutura de transportes terrestres, marítimos e aéreos que facilite o desenvolvemento empresarial e industrial. A Coruña velou por cubrir esta necesidade.

Estradas

Cara a/dende o centro da península: autovía N-VI (A Coruña-Madrid) (600 Km.)

Comunicacións norte-sur: autoestrada do Atlántico A-9 (Ferrol- A Coruña- Santiago- Vigo-fronteira portuguesa) e Nacional 550 (mesmo itinerario).

Cara a/dende a cornixa cantábrica: Nacional 634 Ribadeo-Ferrol. Bifurcacións dende a N-VI.

Ferrocarrís

A estación de San Cristóbal, xa adaptada á chegada do tren de alta velocidade, concentra o tráfico ferroviario da cidade. Dende A Coruña parten tres liñas de longo percorrido: Madrid e Barcelona con dous servizos diarios e San Sebastián-Hendaya cun servizo ao día. A estas liñas hai que engadir os corredores rexionais que permiten a conexión da cidade herculina cos principais núcleos de poboación galegos. Está previsto o tren de alta velocidade a Vigo-fronteira portuguesa e Madrid, o que completará o servicio ferroviario da Coruña.

O número de pasaxeiros da estación de ferrocarril da Coruña crece progresivamente igual có volume de tráfico de mercadorías, o que indica o dinamismo desta infraestrutura.

2007 2008 2009 2010 2011
Núm. de pasaxeiros 987.773 1.253.891 1.260.205 1.425.372 1.570.729
Tráfico de mercadorías (kg.) 1.143.743.000 634.498.590 1.292.577.354 531.388.000 797.540.980

Fonte: Renfe

Comunicacións aéreas

A Coruña conta cun moderno aeroporto, situado nas proximidades da cidade e cun doado acceso, que está experimentando unha progresiva actualización das súas instalacións debido ao incremento do número de voos e viaxeiros nos últimos anos. O aeroporto de Alvedro garante a  conexión da Coruña coas principais cidades da Península Ibérica (Madrid, Barcelona e Sevilla) e tamén dispón de conexións a nivel internacional (Amsterdam, Lisboa e Londres).

A proximidade ao aeroporto de Santiago (45 minutos por auestrada) permite que poida ser tamén utilizado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña.

As estatísticas de pasaxeiros, operacións (número de voos comerciais) e carga (mercadorías transportadas en kg.), mostran un comportamento crecente e positivo do aeroporto de Alvedro.


2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Pasaxeiros 589.000 654.092 532.298 549.871 586.239 852.322 1.014.839 1.266.795 1.174.970 1.068.823 1.101.208 1.012.800 845.452
Operacións 12.447 14.380 11.488 12.621 12.945 15.625 17.406 18.730 17.719 16.236 17.378 16.283 13.693
Carga (kg)
869.508 700.798 482.294 541.944 539.184 422.743 554.039 291.307 283.571 239.692 244.819 251.966 195.614

Fonte: Aena

Proximidades e metro lixeiro

A cidade apostou polo desenvolvemento sostible, unha de cuxas manifestacións é o transporte público urbano. A recuperación do tranvía urbano, inicialmente con fins turísticos, creou unha infraestrutura ferroviaria que se aumentará e se converterá no transporte ecolóxico de alta capacidade na Coruña. As liñas previstas inicialmente son dúas: unha dorsal -área central/centro intermodal- e outra circular con dúas ramificacións -a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal-. Estas ampliacións mellorarán substancialmente a mobilidade cidadá, que se complementará coa futura rede de proximidades.

Autobuses

A Estación de Autobuses da Coruña dá servizo a preto de 15.000 pasaxeiros diarios. Unha media de 747 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos de Europa, España e Galicia.

No 2011 a Estación de Autobuses da Coruña tivo 5.287.660 pasaxeiros e polas súas instalacións pasaron 55.469 kg de mercancías.


2007 2008 2009 2010 2011 2012
Pasaxeiros 5.533.880 5.528.960 5.460.700 5.417.260 5.454.680 5.287.660
Tráfico de mercancías (kg.) 87.673 77.160 81.323 74.194 65.005 55.469

Fonte: Estación de Autobuses

Aparcamentos

O municipio da Coruña recibe diariamente un número de vehículos similar ao do parque propio rexistrado na cidade. Esta peculiaridade obriga ao municipio a ofrecerlles aos seus visitantes un número de aparcamentos subterráneos, máis de 10.000 prazas, moi superior ao doutros núcleos urbanos de similares características.

No 2012, o número total de prazas de aparcamento na Coruña é de 19.154 mentres que o número de vehículos matriculados é de 141.887. Así, o número de prazas de aparcamento na Coruña por vehículos matriculados sitúase en 13,5%.


2008 2009 2010 2011 2012
Total prazas aparcamento 17.054 17.483 18.692 19.186
19.154
Núm. vehículos matriculados 143.135 143.373 142.362 142.606 141.887

Fonte: Observatorio Urbano da Coruña

Rede de telefonía e cable óptico

Os dous servizos básicos de telecomunicacións, rede de telefonía e cable óptico, están ben cubertos na cidade e na súa área metropolitana. Segundo a Enquisa de Condicións de Vida das Familias que publica o IGE, no 2010 na Coruña o 88,21% dos fogares dispoñían de telefonía móbil en tanto que o 90,07% dispoñían de telefonía fixa.

A rede de cable que dá acceso aos novos servizos de telecomunicación, que inclúe intranets e redes propias de alta velocidade de transmisión de datos, voz e multimedia, é xa unha realidade dende o ano 2001. Así mesmo, o anel de fibra óptica, actualmente culminado, permite a implantación dunha nova cultura no municipio, tanto no campo dos trámites administrativos co sector público, como en funcións educadoras e formadoras dende os centros de ensino na cidade e a oferta pública e privada de ocio e entretemento. Segundo os datos da Enquisa de Condicións de Vida das Familias que publica o IGE, no 2010 o 65,24% dos fogares coruñeses dispoñían de ordenador e o 57,94% dispoñían de conexión a internet.

Tal e como se observa no gráfico vinculado, as porcentaxes de dispoñibilidade dos equipamentos mencionados son moi positivos e superiores aos que se dan na provincia e na comunidade autónoma galega.