
Datos demográficos
Na Coruña está a producirse un importante desenvolvemento das áreas próximas á urbe debido ao desenvolvemento da cidade, en consonancia cos patróns observados a nivel nacional e internacional.
Este feito faise patente ao comprobar o incremento de poboación dos municipios que conforman a comarca coruñesa (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada). Os devanditos municipios no período 1998-2011 aumentaron a súa poboación en 43.524 habitantes, o que supón un crecemento do 40,5%. A Coruña, no mesmo período, aumentou en 2.894 residentes, o que se corresponde cun incremento do 1,1%.
Trátase do denominado proceso de suburbanización no que a periferia funcional crece máis que o centro, debido á mellora das comunicacións, o prezo da vivenda e a procura de espazos de calidade ambiental e paisaxística superior. Por conseguinte, máis que un síntoma de declive é un reflexo de maduración urbana.
Necesita localizar unha empresa ou entidade da cidade? Probe a localizala no noso directorio telefónico.
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.