Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Luns, 13/8/2012

Destaca que difundiu o nome da Coruña "por todo o mundo"

O alcalde dálle a benvida á coruñesa Sofía Toro, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos

Negreira recibe no Palacio Municipal de María Pita a deportista tras gañar en Londres a proba de vela Match Race-Elliot 6.

O alcalde, Carlos Negreira, xunto a Sofía Toro e a familia da deportista coruñesa, durante a recepción oficial en María Pita.

O alcalde, Carlos Negreira, recibiu no Palacio Municipal de María Pita, a Sofía Toro, medalla de ouro na modalidade de vela de Match Race-Elliott 6 nos Xogos Olímpicos, xunto ás súas compañeiras Tamara Echegoyen e Ángela Pumariega. O rexedor, que lle deu a benvida á cidade tras o éxito cultivado en Londres, agradeceulle á deportista coruñesa que, coa súa estelar actuación, difunda o nome da Coruña "por todo o mundo".

Sofía Toro é a primeira coruñesa que gaña a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos. Estivo acompañada pola súa familia na súa visita ao Concello e asinou no Libro de Ouro da cidade. O alcalde encomiou o seu esforzo e a súa constancia para alcanzar este recoñecemento internacional.