Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Luns, 1/6/2009

A moción propón instar a Xunta de Galicia a que se presente un plan de viabilidade da empresa para manter os postos de traballo

O pleno aproba unha moción para instar a empresa Caramelo a retirar o ERE

O pleno do Concello da Coruña aprobou por unanimidade unha moción conxunta presentada polos grupos municipais do PSOE e BNG apoiando as peticións dos traballadores de Caramelo para que conserven os seus postos de traballo.

A corporación municipal no pleno

A moción, que foi apoiada polos tres grupos municipais, expón que Caramelo é unha empresa radicada na cidade e na que os traballadores realizaron un grande esforzo para garantir os plans de viabilidade. Ademais, sitúa a Caramelo como un referente de confección galega de calidade e fonte de emprego industrial, fundamentalmente feminino na comarca coruñesa.

Ademais, o goberno galego mantén unha participación pública no accionariado da empresa, polo tanto, ten a capacidade e a obriga de intervir directamente nas decisións de Caramelo.

Ante esta situación, a moción insta a Xunta de Galicia a que o Consello de Administración de Caramelo presente un plan de viabilidade froito do acordo, da negociación e co obxectivo de manter os postos de traballo.

En segundo lugar, a moción insta a Xunta de Galicia a que se abran negociacións cos representantes dos traballadores para apoiar e desenvolver un proxecto industrial téxtil localizado na cidade.

 

Descargar documentos

Moción aprobada no pleno

Pódese atopar nas seguintes categorías: