Pago de impostos online
Que é?
A través desta páxina, vostede pode acceder ao pagamento telemático con e sen certificado dixital, utilizando os servizos das entidades colaboradoras na recadación (bancos e caixas de aforros) do Concello da Coruña para, a través delas, realizar se o desexa o pagamento de determinados tributos e outros ingresos municipais.
Que se necesita?
Actualmente poderá efectuar o pagamento online mediante certificado dixital se dispón dunha conta corrente ou unha tarxeta de crédito/débito dalgunha das entidades colaboradoras.
Tamén poderá realizar o pago sen certificado dixital se dispón de conta bancaria en Novagalicia Banco.
Onde se fai?
Na sección de pagos online deste portal web.