18/09/06
A Coruña, cidade de mar, de sal e de area

Dous mil anos de historia contados un a un pola Torre de Hércules. Faro incansable e lendario que acendeu a súa luz para descubrir a gran cidade que moitos imaxinaran.
O Océano abrázaa e non a quere soltar; celoso, de que outros descubran os segredos que esconde. Un balcón do Atlántico dende o que podes imaxinar e soñar. Onde podes viaxar ao pasado por uns momentos; revivir sensacións perdidas coa súa historia, mitos e lendas; e regresar ao presente para coñecer a súa cara máis nova e emocionante. Para sentila, paseala e probala.
A que esperas para facelo?

As mellores ofertas, tarifas especiais e promocións dos nosos hoteis e empresas turísticas.

Salón de Hostalería, Maquinaria e Servizos
No novo Recinto Feiral da Coruña, do 19 ao 21 de febreiro do 2008, todo o sector hostaleiro do noroeste ten unha cita. Inscríbete de balde.
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.
Toda a información sobre as rúas da túa cidade e a súa historia, transporte urbano ao detalle, incidencias de tráfico... e todo a un só "clik".
